DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68496

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A).

A Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A), establece o marco das axudas para a promoción dos produtos con indicativo de calidade. Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do día 21 de agosto de 2023 e, posteriormente, o 9 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de novembro de 2023 pola que modificaba o prazo máximo de xustificación das axudas.

As axudas convocadas consisten en subvencións para grupos de produtores para a realización de accións de promoción, asistencia a feiras, organización de feiras, así como a realización de estudos de mercado ou xornadas divulgativas. Estas axudas teñen por finalidade incentivar as actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 14 das bases reguladoras, e tendo en conta o orzamento dispoñible, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 10 de agosto de 2023 (publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de agosto), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 da convocatoria, polas contías que se reflicten no dito anexo, e con cargo á aplicación 14.A2.713D.781.0, código de proxecto 2016.00194 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024.

A finalidade destas axudas é financiar actividades das agrupacións de produtores relacionadas con actuacións de información e promoción destinadas a inducir as persoas consumidoras a adquiriren produtos incluídos no marco de programas de calidade diferenciada dos alimentos, como son as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas ou os alimentos de produción ecolóxica.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria do 10 de agosto de 2023 e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) As cantidades concédense en virtude dun programa cofinanciado co 75 % polo Feader incluído dentro da medida 3, Réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020; esta medida é especialmente relevante aos intereses da área focal 3A Mellora da competitividade dos produtos primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de sistemas de calidade, valor engadido aos produtos agrícolas, a promoción en mercados locais e circuítos de distribución curtos, as agrupacións de produtores e as organizacións interprofesionais, contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos transversais de innovación e ambiente.

c) Para proceder ao pagamento da subvención o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 10 de agosto de 2023 e, sen superar as datas límite de xustificación que se establecen nesta resolución, presentar a seguinte documentación:

– Xustificantes dos investimentos ou gastos realizados e relación numerada deles, xunto coa documentación que acredite o seu pagamento.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin (conforme o modelo de declaración do anexo II da Resolución do 10 de agosto de 2023).

– Xustificante da entidade bancaria que acredite a existencia da conta a nome do beneficiario da subvención.

– Certificado da situación censual, onde conste expresamente a situación tributaria do beneficiario da axuda en relación co IVE e se figura de alta en obrigas periódicas para efectos do IVE (certificado emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria).

– Documentación específica que se sinala no artigo 15 da Resolución do 10 de agosto de 2023.

d) Infórmase, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas, de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 16 da Resolución do 10 de agosto de 2023.

f) En todas as actividades informativas e publicitarias subvencionadas cumprirase o estipulado no anexo III do Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo (DOUE núm. 227, do 31 de xullo).

g) A data límite para a xustificación da subvención concedida será o día 15 de decembro de 2023 para a anualidade corrente e o 11 de marzo de 2024 para a anualidade correspondente a 2024.

h) Os beneficiarios recibirán unha resolución individual de concesión en que se detallará o desagregamento das accións promocionais subvencionadas.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

Aprobacións

NIF

Tipo de expediente

Entidade beneficiaria

Expediente

Investimento

Investimento subvencionable

Subvención

Periodificación da subvención

Puntuación segundo o artigo 7

%

% 2023

2023

% 2024

2024

a

b

c

d

e

f

g

Suma

G36597201

Promoción

Asociación Ruta do Viño Rías Baixas

Po-06-13F-23-24

28.628,25

28.628,25

60

17.176,95

15,99

2.746,91

84,01

14.430,04

17,65

0

0

3

2

5

1

29

Q8655030H

Asistencia a feiras

CRDO Rías Baixas

G-068-13F-23-24

2.300,00

2.300,00

70

1.610,00

13,04

210,00

86,96

1.400,00

20

0

0

3

2

5

3

33

V70206974

Asistencia a feiras

CRIXP Castaña de Galicia

G-072-13F-23-24

6.649,50

6.649,50

70

4.654,65

93,53

4.353,65

6,47

301,00

20

3

0

3

3

4

3

36

Q7755068I

Asistencia a feiras

CRIXP Pataca de Galicia

G-073-13F-23-24

3.939,40

3.939,40

70

2.757,58

80,96

2.232,58

19,04

525,00

20

0

0

3

4

5

3

35

V27218643

Asistencia a feiras

Craega

G-079-13F-23-24

15.500,00

15.500,00

70

10.850,00

10,32

1.120,00

89,68

9.730,00

20

0

0

5

4

5

3

37

Q8655602D

Promoción

CRDOP Queixo Tetilla

G-065-13F-23-24

29.574,50

29.574,50

70

20.702,15

18,51

3.832,15

81,49

16.870,00

20

0

0

3

4

5

3

35

Q7755068I

Promoción

CRIXP Pataca de Galicia

G-066-13F-23-24

27.509,91

27.509,91

70

19.256,94

9,12

1.756,94

90,88

17.500,00

20

0

0

3

4

5

1

33

Q8655030H

Promoción

CRDO Rías Baixas

G-067-13F-23-24

500.764,95

500.764,95

70

350.535,47

7,99

28.000,00

92,01

322.535,47

20

0

0

3

2

5

1

31

V32321481

Promoción

CRIXP Pan de Cea

G-069-13F-23-24

6.159,12

6.159,12

70

4.311,38

8,35

359,98

91,65

3.951,41

20

3

0

3

5

5

1

37

Q8255201I

Promoción

CRDO Ribeiro

G-070-13F-23-24

127.520,00

127.520,00

70

89.264,00

10,06

8.978,20

89,94

80.285,80

20

0

0

3

5

5

3

36

Q8255004G

Promoción

CRDO Valdeorras

G-071-13F-23-24

70.872,00

70.872,00

70

49.610,40

10,09

5.005,00

89,91

44.605,40

20

0

0

3

5

5

1

34

G27196575

Promoción

CRDO Ribeira Sacra

G-074-13F-23-24

44.461,20

44.461,20

70

31.122,84

20,78

6.468,21

79,22

24.654,63

20

0

0

3

5

5

1

34

Q8255203E

Promoción

CRDO Monterrei

G-075-13F-23-24

196.716,05

196.716,05

70

137.701,24

8,19

11.275,21

91,81

126.426,03

20

0

0

3

5

5

1

34

G27152446

Promoción

CRDOP Cebreiro

G-076-13F-23-24

2.931,90

2.931,90

70

2.052,33

12,96

266,00

87,04

1.786,33

20

0

0

3

5

5

1

34

Q1500342I

Promoción

CR IXP Carne de vacún de Galicia

G-077-13F-23-24

115.770,00

115.770,00

70

81.039,00

9,70

7.861,00

90,30

73.178,00

20

0

0

3

4

5

3

35

V27218643

Promoción

Craega

G-078-13F-23-24

63.600,00

63.600,00

70

44.520,00

10,54

4.692,80

89,46

39.827,20

20

0

0

5

4

5

1

35

Q8255200A

Promoción

II.XX. Augardentes e licores Trad. de Galicia

G-081-13F-23-24

60.300,00

60.300,00

70

42.210,00

10,70

4.515,00

89,30

37.695,00

20

0

0

3

4

5

1

33

Q1500343G

Promoción

CRDOP Arzúa-Ulloa

G-082-13F-23-24

43.056,44

43.056,44

70

30.139,51

10,30

3.103,40

89,70

27.036,11

20

0

0

3

5

5

1

34

V15211303

Promoción

CRIXP Mel de Galicia

G-083-13F-23-24

23.500,00

23.500,00

70

16.450,00

14,04

2.310,00

85,96

14.140,00

20

0

0

3

4

5

1

33

Q1500362G

Promoción

CRIXP Tarta de Santiago

G-084-13F-23-24

8.000,00

8.000,00

70

5.600,00

10,00

560,00

90,00

5.040,00

20

0

0

3

4

5

1

33

ANEXO II

Denegacións

NIF

Beneficiario

Expediente

Tipo de expediente

Motivo da denegación

G053460002

Xuntos saborea Galicia

P005-13F-23

Organización de feiras

Non completar o expediente tras o requirimento de documentación