DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68502

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Fabricación Aditiva por esta universidade e a Universidade de Vigo.

O máster universitario en Fabricación Aditiva pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) estableceuse mediante o Acordo do Consello de Ministros, do 17 de outubro de 2023, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 19 de outubro de 2023, no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 30 de outubro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Fabricación Aditiva pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 30 de novembro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Fabricación Aditiva pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4318456.

Plan de estudos que se inicia no curso 2023/24.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, anexo II, número 4.1).

1. Ámbito de coñecemento a que se adscribe o título: enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.

2. Distribución do plan de estudios en créditos ECTS por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Prácticas externas (PE)…………………...

Traballo fin de máster (TFM)…….……...…

Total………………………………………….

30

12

6

12

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Deseño e Desenvolvemento do Produto

OB

6

Tecnoloxías de Fabricación

OB

6

Materiais

OB

6

Emprendemento, Xestión de Proxectos e Propiedade Intelectual

OB

3

Integración con outras Tecnoloxías

OB

3

Taller

OB

6

Aplicacións en Automoción

OP

6

Aplicacións en Enxeñaría Biomédica

OP

6

Aplicacións en Enerxía e Sustentabilidade

OP

6

Deseño Avanzado para Impresión 3D

OP

6

Prácticas Externas

PE

6

Traballo Fin de Máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

4.Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Fabricación Aditiva pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.