DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO do 28 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a Resolución do 10 de febreiro de 2023 mediante a que se arquiva o expediente do parque eólico Mancelo e se cancela unha garantía económica depositada por Alto de Mancelo, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2019/019).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 10 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Mancelo e se cancela unha garantía económica depositada por Alto de Mancelo, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2019/019).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A antedita Resolución do 10 de febreiro de 2023 dispón o seguinte:

1. Aceptar a desistencia de Alto de Mancelo, S.L., arquivar e declarar concluso o procedemento instruído en relación co expediente do parque eólico Mancelo (expediente IN408A 2019/019), promovido por Alto de Mancelo, S.L.

2. Cancelar a garantía económica depositada por Alto de Mancelo, S.L. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 504.000 €, con data do 18 de novembro de 2020 e número de rexistro 2020/90/1571, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Mancelo.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 28 de marzo de 2019, Adelanta Corporación, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial para o proxecto denominado parque eólico Mancelo, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

2. O 28 de marzo de 2019, Adelanta Corporación, S.A. presentou o resgardo do depósito dunha garantía económica por importe de 504.000 €, con data do 28 de marzo de 2019 e número de rexistro 112/2019, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Mancelo.

3. O 20 de maio de 2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión de titularidade do expediente administrativo do parque eólico Mancelo (expediente IN408A 2019/019), a favor de Alto de Mancelo, S.L.

4. O 12 de xuño de 2020, Alto de Mancelo, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Mancelo, ao abeiro do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

5. O 19 de novembro de 2020, Alto de Mancelo, S.L. presentou o resgardo do depósito dunha garantía económica por importe de 504.000 €, con data do 18 de novembro de 2020 e número de rexistro 2020/90/1571, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Mancelo.

6. O 2 de febreiro de 2021, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, cancelou a garantía económica depositada por Adelanta Corporación, S.A. por importe de 504.000 €, con data do 28 de marzo de 2019 e número de rexistro 112/2019.

7. Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico Mancelo e da súa infraestrutura de evacuación, sito nos concellos de Covelo e A Cañiza (Pontevedra) e de Avión (Ourense), promovido por Alto de Mancelo, S.L. (expediente IN408A 2019/019). A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia, do 21 de marzo de 2022 (DOG nº 55).

8. O 6 de decembro de 2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico Mancelo, nos termos propostos polo Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

9. O 9 de febreiro de 2023, Alto de Mancelo, S.L. comunicou á súa desistencia á tramitación da autorización administrativa de construción e do proxecto de interese autonómico para o parque eólico Mancelo (expediente IN408A 2019/019) ao existiren circunstancias impeditivas para a execución do proxecto, a teor da formulación da declaración de impacto ambiental desfavorable, e solicitou a devolución da garantía económica por importe de 504.000 €, con data do 18 de novembro de 2020 e número de rexistro 2020/90/1571.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais