DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2023/416-1).

Expediente: IN407A 2023/416-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMTA CDR-806 entre os apoios 34-7-6 e 34-7-17.

Concello: Cedeira.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña CDR-806 autorizado no expediente 3.266, de 567 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-28, comprendido entre o seu apoio nº 34-7-5 (matrícula B26M96H2) de formigón tipo AL-HV-400/12-CR-CA e o CT Ferreiras (expedientes 50.897 e IN407A 2016/737-1/matrícula 15CU30), consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no treito de 452,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 34-7-6 (matrícula B28B4SGS) de formigón tipo AG-HV-630/12-T-CA e o apoio nº 34-7-9 (matrícula B2GF96TQ) de formigón tipo FL-HV-1600/12-T-CA.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501030650000UH, do apoio nº 34-7-6 anterior, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-T35/180-CA(CS).

– Substitución, nun novo emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501009740000UX, do apoio nº 34-7-7 (matrícula B2CMJ1SS) de formigón tipo AG-HV-T-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/20-T35/180-CA(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501012670000UO, do apoio nº 34-7-8 (matrícula B2ESLU1U) de formigón tipo AG-HV-1000/14-T-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501012650001IG, do apoio nº 34-7-9, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no treito de 452,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 34-7-6 e o apoio nº 34-7-9 unha vez substituídos.

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña CDR-806 autorizado no expediente 3.266, de 458,8 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-28, comprendido entre o seu apoio nº 34-7-14 (matrícula B2O6N0XU) de formigón tipo AG-HV-SC-triángulo-CA e o CT Hervellas (expedientes 50.897 e IN407A 2015/390-1/matrícula 15CU32), consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no treito de 312,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 34-7-15 (matrícula B2Q0QQ74) de formigón tipo AG-HV-T-CA e o apoio nº 34-7-17 (matrícula B2U4OITC) de formigón tipo AG-HV-1600/12-T-CA.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501012220000UA, do apoio nº 34-7-15 anterior, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CA(CS).

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501012140000US, do apoio nº 34-7-16 (matrícula B2SU2AUA) de formigón tipo AG-HV-1600/12-T-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-3000/14-H35-CA(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A501012160000UU, do apoio nº 34-7-17, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS), que terá a condición de apoio frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no treito de 312,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 34-7-15 e o apoio nº 34-7-17 unha vez substituídos.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Cedeira.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación da LMTA CDR-806 entre os apoios 34-7-6 e 34-7-17

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cedeira

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Pilar López García

15022A501009740000UX

Rega do Baturro

Novo apoio

nº 34-7-7

2

Rústico. Agrario

7

María Belén Rodríguez Fernández

15022A501012160000UU

Ervellas

Novo apoio

nº 34-7-17

2

Urbano. Labor ou labradío de secaño