DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/391-1).

Expediente: IN407A 2023/391-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: alimentación no MT do novo CTI e RBT Pazos.

Concello: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POT-803 rexistrada no expediente IN407A 2016/2399-1, de 602,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio nº 123-B14-25 (matrícula 9LHPN04V) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B2-3xCS e o apoio nº 123-B14-29 (matrícula 9LS2LLRO) de formigón tipo A-AL-HV-250/14-B2-3xCS, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual situación na parcela con referencia catastral 15046A50200298, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B14-26, do apoio nº 123-B14-27 (matrícula 9LLTKQXC) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B2-3xCS polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS)-Derivada-3xCA, no cal se proxecta a instalación de elementos de protección e manobra tipo XS. Este apoio terá a condición de apoio frecuentado.

– Substitución, respectando a súa actual situación na parcela con referencia catastral 15046A51001003, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B14-29, do apoio nº 123-B14-28 (matrícula 9LOHDNH5) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B2-3xCS polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS).

– Substitución do condutor tipo LA-30 (condutor existente) polo novo condutor tipo LA-56 no treito de 271,5 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 123-B14-25 (matrícula 9LIX8OFJ) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B2-3xCS e o novo apoio nº 123-B14-28 proxectado.

Nova LMT aérea a 20 kV, de 458,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre catro (4) apoios metálicos tipo A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS) (apoio nº 123-B14-27-1), A-AL-C-1000/12-H35-6xCA(CS) (apoio nº 123-B14-27-2), A-AL-C-1000/12-H35-6xCA(CS) (apoio nº 123-B14-27-3) e FL-C-3000/14-H35-3xCA (apoio nº 123-B14-27-4), con orixe no apoio nº 123-B14-27 unha vez substituído e remate no novo apoio metálico nº 123-B14-27-4. Neste novo apoio nº 123-B14-27-4, que se situará na parcela con referencia catastral 15046A51000946, sita no lugar de Alborés (San Mamede) e que terá a condición de apoio frecuentado, proxéctase a instalación dun novo centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Pazos de Xunqueira (expediente IN407A 2015/481-1/matrícula 15XB23), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA) de 10 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se vai realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) para instalar no apoio de formigón tipo HV-250/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Mazaricos.

Ademais, poderase consultar no portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Alimentación en MT do novo CTI e RBT Pazos

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Mazaricos

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manuel Torres Maneiro

15046A502002980000PP

O Xestal

Novo apoio nº 23-B14-27

2

4,87

35,73

Prado

3

Victoriano Otero Maneiro

15046A510009830000PT

A Costa

Novo apoio nº 23-B14-27-1

2

68,36

1.092,95

Prado ou pradarías

4

María Otero Martínez

15046A510009800000PQ

Abaixo da Costa

Novo apoio nº 23-B14-27-2

2

77,71

1.231,84

Labor ou labradío de secaño

5

Elisa Torres Loureiro

15046A510009820000PL

Abaixo da Costa

18,6

301,29

Prado ou pradarías

6

Dolores Rodríguez Maneiro

15046A510009560000PR

Abaixo da Costa

64,56

1.034,21

Prado ou pradarías

7

Manuel Maneiro Pais

15046A510009540000PO

Abaixo da Costa

55,16

882.63

Prado ou pradarías

11

Descoñecido

15046A510020040000PD

Abaixo da Costa

9,69

106,12

Prado ou pradarías

14

María Teresa Couso Torres

15046A502002990000PL

O Xestal

77,35

Prado ou pradarías

15

María del Carmen Antelo Villar e Victoriano Otero Maneiro

15046A502003000000PL

O Xestal

42,79

Labor ou labradío de secaño

16

Antonio Otero París

15046A502003010000PT

O Xestal

6,90

Matogueira

17

Rosario Maneiro Blanco

15046A502003020000PF

O Xestal

2,88

18

Marcos Rodríguez Ferreiro

15046A502003040000PO

O Xestal

28,59

441,04

Labor ou labradío de secaño