DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66354

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 21 de novembro de 2023 polo que se dá publicidade da Resolución do 20 de novembro pola que se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego para a cobertura de necesidades docentes sobrevidas, urxentes e inaprazables mediante a contratación de profesorado substituto para o curso académico 2023/24.

Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polo artigo 50 da LOSU e o 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, fai público que mediante a Resolución do 20 de novembro de 2023 se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I da citada resolución, en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.

A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124210/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado