DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2023/409-1).

Expediente: IN407A 2023/409-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Outeiro.

Concello: Bergondo.

1. Características técnicas:

Instalación, na parcela con referencia catastral 15008A501002230000ZG sita no lugar de Outeiro (Cortiñán), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (dúas de reserva).

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×687 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe e remate en empalmes MT para realizar en arqueta existente na intersección da estrada N-VI coa estrada DP-0801 (A Fraga-Santa Marta de Babío) sobre o treito da LMTS BEG-714 comprendido entre o CT polígono de Bergondo nº 10 (expediente IN407A 2015/306-1/matrícula 15CLF6) e o CT Cortiñán-Fraga (expediente 26.960/matrícula 15A745), tras entrar e saír no novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente, mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 269 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes tipo HV-160/9 e HV-250/9, e a substitución de 49 metros da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente en condutor tipo RZ-3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm) por novo condutor tipo RZ-3(1×50/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Bergondo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Bergondo.

LMT, CT e RBT Outeiro.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15008A501002230000ZG

Santares

CT e acceso

43,66

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío de secaño