DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65877

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela as persoas que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Política Social e Xuventude e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar as ditas solicitudes, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia electrónica auténtica dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde uns/unhas funcionarios/as con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles, se non implica cambio de residencia; de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou de vinte (20) días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres (3) días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Denominación

Código

Nivel

Compl. específico

Gr.

Corpo/ escala

Adscr. Adm.P.

Formación específica

Centro destino

Localidade

Observacións

Subdirector/a xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade

PSC050000115770001

30

24.428,04

A1

Xeral

A15

640

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

PSC050000215770001

30

24.428,04

A1

Xeral

A15

640

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

PSC060000115770001

30

24.428,04

A1

Xeral

A15

640

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial

PSC060000215770001

30

24.428,04

A1

Xeral

A15

640

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria

PSC060000315770001

30

24.428,04

A1

Xeral

A15

640

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Santiago de Compostela

Adscrición a administracións públicas:

A15: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e persoal laboral da Xunta de Galicia.

Formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).