DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65874

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de outubro de 2023.

Mediante a Orde do 9 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 198, do 18 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co procedemento previsto no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 9 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 198, do 18 de outubro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo I, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 9 de outubro de 2023.

Terceiro. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O persoal funcionario de carreira que incumpra os prazos de toma de posesión será declarado de oficio na situación de excedencia voluntaria por interese particular.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Apelidos e nome: Pérez Pardo, Ana.

NRP: ***9245**.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: Xefatura Servizo Apoio Técnico.

Código do posto de traballo: IV.C02.00.000.15770.060.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.

Grupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.564,56 euros.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

*O DNI atópase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.