DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 16 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 373).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que estimen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme ao previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de novembro de 2023

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a
(DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

32719777T

32719777T/04-10-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36037068R

36037068R/02-10-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35577296E

35577296E/13-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Tomiño

36070089V

36070089V/29-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36101129F

36101129F/18-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36113658R

36113658R/14-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

47357131Q

47357131Q/07-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

48897702R

48897702R/28-07-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

53115404D

53115404D/10-07-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña