DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición da disolución da entidade Avega, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faixe público que esta secretaría xeral o 3 de novembro de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o mandamento xudicial relativo á disolución da entidade Avega, S. Coop. Galega, recollida no auto do 28 de setembro de 2023, ditado polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social