DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a disolución da Federación Gallega de Servicios Técnicos.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de disolución da Federación Gallega de Servicios Técnicos (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros de pleno dereito todas aquelas asociacións de ámbito provincial que agrupen empresas ou profesionais de servizos técnicos de reparación de radio, televisión e electrodomésticos.

– Asinante: Antonio Iglesias García e Julio Comesaña Italiani.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais