DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2023 Páx. 65909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 16 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/0160-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 16 de novembro de 2023

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

NIF

Empresa

Concello

Materia

Data da resolución

RL 2015/0160-1

I152015000027784

B15986748

Recrecidos del Norte, S.L.

Carballo

Seguridade e saúde

14.11.2023

RL 2015/0145-1

I152015000026471

B15986748

Recrecidos del Norte, S.L.

Carballo

Seguridade e saúde

16.11.2023

RL 2023/0262-1

I152023000058025

B72933997

Mirekamar, S.L.

Culleredo

Relacións laborais

26.10.2023