De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Conselllería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no BOE no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido este prazo sen se presentar o recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza na vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.
Ourense, 15 de novembro de 2023
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
Anexo
Expediente: MON-OU-0067/2023-IPR.
Persoa interesada: 34902612C.
Acto de notificación: resolución de expediente sancionador.