DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2023/264-4).

Expediente: IN407A 2023/264-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA LAL810 e TC no apoio AQOET9MO//D71-123.

Concello: Lalín.

Feitos:

Primeiro. O 3 de maio de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTA LAL810 e TC no apoio AQOET9MO//D71-123.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a mellora da calidade e a seguridade do servizo eléctrico no lugar da Borralla, na parroquia de Prado, no concello de Lalín, mediante as seguintes actuacións:

– Substitución do apoio AQOET9MO//D71-123 da liña de media tensión aérea (LMTA) LAL810 por un apoio de celosía C-3000/16, no cal se instalará un reconectador telecontrolado.

– Retensado dos vans entre o apoio proxecta C-3000/16 e os apoios AQL7KM28//D71-123-1 e AQO8T6I//D71-122 no condutor LA-56.

– Substitución do apoio AQOJBW20//D71-124 por un novo apoio de celosía C-2000/14.

– Retensado dos vans entre o apoio proxectado C-2000/14 e AQOQSCMM//D71-125 no condutor LA-110.

– Substitución do van entre os apoios proxectados e instalación do condutor LA-56.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Lalín que non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 95 metros de lonxitude coa orixe no apoio con matrícula AQOET9MO//D71-123 da LMTA LAL810 Botos Silleda-Cog. Pumade 10, que se substitúe por un C-3000/16, e final no apoio con matrícula AQOJBW20//D71-124 da mesma liña, que se substitúe por un C-2000/14.

– Instalación dun reconectador telecontrolado no apoio AQOET9MO//D71-123 (C-3000/16).

– Retensado dos vans (LA-56 existente) comprendidos entre o apoio C-3000/16 proxectado e os AQL7KM28//D71-123-1 e AQO8T6I//D71-122.

– Retensado do van (LA-110 existente) comprendido entre o apoio C-2000/14 proxectado e o AQOQSCMM//D71-125.

– A instalación está situada no lugar da Borralla, na parroquia de Prado, no concello de Lalín (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA LAL810 e TC no apoio AQOET9MO//D71-123, expediente IN407A 2023/264-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra