DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/131-4).

Expediente: IN407A 2023/131-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución de apoios da LMT ATI713 en Casilla.

Concello: O Porriño.

Feitos:

Primeiro. O 25 de febreiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución de apoios da LMT ATI713 en Casilla.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Casilla, na parroquia de Atios, no concello do Porriño (Pontevedra):

– Substitución de 445 metros de condutor LA-110 nos tramos ATI7130280 e ATI7130258 no circuíto aéreo de liña de media tensión ATI713.

– Retirada de catro apoios. Destes, tres apoios de formigón (A3MNB2N7//D2, A3LAVLGG//D3 e A3J4SRBA//D4) serán substituídos por apoios de celosía C-2000/20, C-4500/18 e C-3000/18, respectivamente.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) e o Servizo de Patrimonio Natural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitido polo Concello do Porriño, por AESA e pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O Servizo de Patrimonio Natural non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Como non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 14 de abril de 2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 18 de abril de 2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública, mediante a Resolución do 27 de marzo de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 21 de abril de 2023.

– Xornal Faro de Vigo: 9 de maio de 2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello do Porriño desde o 3 de abril ata o 19 de maio de 2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– No tramo ATI7130280: liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-110, de 166 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/20 (que substitúe o A3MNB2N7//D2), situado no lugar de Requeixo, e final no apoio proxectado C-3000/18 (que substitúe o A3J4SRBA//D4), situado no lugar de Maceira.

– No tramo ATI7130258: LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 166 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/20 (que substitúe o A3MNB2N7//D2), situado no lugar de Requeixo, e final no apoio proxectado C-3000/18 (que substitúe o A3J4SRBA//D4), situado no lugar de Maceira.

– No tramo ATI7130258: LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 113 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A3HAP20D//D5, situado no lugar de Insuas, e final no apoio existente A3GE1UQU//D6, situado no lugar de Insuas.

– A instalación está situada en Casilla, Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada substitución de apoios da LMT ATI713 en Casilla, expediente IN407A 2023/131-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra