DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2023/102-4).

Expediente: IN407A 2023/102-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC.

Concello: O Rosal.

Feitos:

Primeiro. O 16 de febreiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no camiño do Sabugueiro, na parroquia de Tabagón, no concello do Rosal (Pontevedra):

– Substitución do apoio 9SWXWQ71//60-A2 (HV-630/12) por un C-2000/14, no cal se instala un reconectador. Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado.

– Desmontaxe do XS (36HN59) situado no apoio 9SMQGBQT//60-A1.

– Substitución de 71 metros do condutor actual LA-30 por un LA-56 entre o apoio proxectado C-2000/14 e o apoio 9SNWU8F6//60-A3.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Rosal, o Instituto de Estudos do Territorio e o Servizo de Montes.

O Servizo de Montes informou que as obras proxectadas non afectan comunidades de montes veciñais en man común nin solo da competencia dese servizo.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, polo que se entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Terceiro. Como non foi posible efectuarlle a notificación á única persoa titular da parcela afectada, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 11 de abril de 2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 14 de abril, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 22 de marzo de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 18 de abril de 2023.

– Xornal Faro de Vigo: 1 de maio de 2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello do Rosal.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo de 2022), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da liña de media tensión aérea (LMTA) ROS806 por un apoio C-2000/14, no cal se instala un reconectador.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 71 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14, situado na parcela con referencia catastral 36048B505008170000UE, e final no apoio existente 9SNWU8F6//60-A3.

A instalación está situada no camiño de Sabugueiro, Tabagón, no municipio do Rosal (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución do apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC, expediente IN407A 2023/102-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 6 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra