DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Culleredo (expediente IN407A 2023/417-1).

Expediente: IN407A 2023/417-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN-717B Zapateira Provisional 17, por finalización da súa vida útil.

Termo municipal: Culleredo.

1. Características técnicas.

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña SBN-717B autorizado no expediente 30.470, de 327,9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o seu apoio nº 19 (matrícula AEBOTR4D) metálico de celosía tipo FL-C-CR-6xCA(CS)-Derivada-3xCA e o seu apoio nº 19-2 (matrícula AEIECD0E) de formigón tipo FL-HVH-CR, no cal se inicia a derivada ao CT Montespiño (matrícula 15PBE9):

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito de 139 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 19-1 (matrícula AEFOAVJP) de formigón con cruceta bóveda-6XCA e o apoio nº 19-2 antes indicado.

– Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15031A01700023, substitución do apoio nº 19-1 anterior polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/18-T35/180-6xCA(CS).

– Instalación de novos illadores tipo 3xCA no apoio nº 19-2.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 139 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 19-1 e o apoio nº 19-2, unha vez substituído o apoio nº 19-1.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 188,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 19 existente e o novo apoio nº 19-1 proxectado.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa xunto con este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución do apoio AEFOAVJP//19-1 da LAMT 15 kV SBN-717B Zapateira Provisional 17,
por finalización da súa vida útil

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Culleredo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Descoñecido

15031A01700023

Penas Quedas

Novo apoio nº 19-1

2

Matogueira