DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2023/326-1).

Expediente: IN407A 2023/326-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT SNT-822, apoio A3NE2O97//D22-33-1.

Concello: Ames.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SNT-822 autorizado no expediente 29.379, de 86,9 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LC-28, comprendido entre os seus apoios nº D22-33 (matrícula A3NRIN60) de formigón tipo FL-HV-1B/11-CR-CA e nº D22-33-2 (matrícula A3MWCE7C) de formigón tipo AL-HV-800/12-CR-CA, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº D22-33, do apoio nº D22-33-1 (matrícula A3NE2O97) de formigón tipo
AM-AL-HV-2A/12-CR-CA polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA (CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados neste apoio.

– Retensado do condutor tipo LA-56 e LC-28 (condutores existentes) nos vans da liña SNT-822 anterior e posterior ao novo apoio nº D22-33-1 proxectado, de 37,9 e 49 metros de lonxitude, respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Ames.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT SNT-822-apoio A3NE2O97//D22-33-1

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Ames

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT / nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Ameneiro Crego

15002A507006220000BB

Maral

Novo apoio nº D22-33-1

(ITC)

2

Labor ou labradío de secaño