DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2023 Páx. 65472

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 7 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2023, a través da Resolución do 7 de setembro de 2023 (DOG número 179, do 20 de setembro), axudas para o ano 2023 destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

O artigo 7 da Resolución do 7 de setembro de 2023 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indicando que a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que foi publicada o 20 de setembro de 2023.

Así mesmo, no artigo 8, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da citada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda poderanse realizar mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos 981 54 73 97 e 981 95 76 89, ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Número do expediente

Nome da entidade solicitante

NIF

Documentación que hai que requirir ou emendar

SI452A-2023-00000001-00

Asociación Alar Galicia Proxectos Inserción

G15775901

Anexo III: cubrir punto 6.

Anexo IV: o punto 2 (ámbito territorial) debe coincidir co declarado no punto 7 do anexo II.

SI452A-2023-00000002-00

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II.

SI452A-2023-00000003-00

ONG Mestura para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

Anexo II: no punto 3 cómpre indicar o número de persoas beneficiarias e cubrir o punto 12.

SI452A-2023-00000004-00

Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (Bumei)

G27441153

Anexo IV: debidamente cuberto.

SI452A-2023-00000005-00

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

Anexo II: no punto 3 cómpre indicar o número de persoas beneficiarias e no punto 7 cubrir as localidades.

Anexo IV: cubrir no punto 2º o ámbito territorial.

SI452A-2023-00000007-00

Fundación Anar

G80453731

Acreditar que ten delegación na Comunidade Autónoma de Galicia. (artigo 4.1.c).

Acreditar que desenvolven as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.f).

Anexo III: cubrir os puntos 7 e 8.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas

SI452A-2023-00000009-00

Arelas Asociación de Familias de menores TRANS*

G27820182

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades.

Anexo III: cubrir o punto 7.

Anexo IV: punto 3º (cofinanciamento) debe coincidir co declarado no punto 8 do anexo II.

SI452A-2023-00000011-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente-CDR O Viso

G32122376

Documento de compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un (artigo 8.1.f).

SI452A-2023-00000015-00

Congregación Siervas de la Pasion

R0800086A

Acreditar que son unha entidade do terceiro sector de acción social segundo a Lei 43/2015 (artigo 4.1).

Acreditar que a entidade carece de ánimo de lucro (artigo 4.1.b).

Anexo III: cubrir os puntos 6 e 7.

SI452A-2023-00000016-00

Red Española de Entidades por el Empleo Red Araña

G58579806

Acreditar que ten delegación na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.c).

SI452A-2023-00000017-00

Fundación Ecca Social

G72405277

Acreditar que ten delegación na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.c).

Anexo II, debidamente cuberto.

Anexo IV, debidamente cuberto.

Aclarar se a entidade conta cun plan de igualdade ou non.

SI452A-2023-00000018-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense

G32198970

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000019-00

Asociación de Ayuda a los Toxicómanos Érguete

G36642726

Anexo II: desagregar as localidades no punto 7 e cubrir o punto 12.

Anexo III: cubrir o punto 7.

Anexo IV: cubrir o punto 2º (ámbito territorial) e especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000020-00

Asociación de Mulleres Progresistas

G36657336

Anexo III: cubrir os puntos 6 e 7.

Anexo IV: cubrir o punto 2º (ámbito temporal e ámbito territorial) e punto 3º.

SI452A-2023-00000021-00

Asociación Familiares Enfermos Alzhéimer Chantada

G27320225

Anexo IV: o punto 3 (cofinanciamento do programa) debe coincidir co declarado no anexo II punto 8. Especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000023-00

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

Acreditar que ten a súa sede social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.c).

Anexo II: especificar máis detalladamente a epígrafe B-outros gastos correntes.

Anexo IV: o punto 3 (cofinanciamento do programa) debe coincidir co declarado no anexo II punto 8.

SI452A-2023-00000024-00

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Anexo II: desagregar as localidades no punto 7.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000025-00

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade (artigo 8.1.a).

Anexo II: no punto 3 cómpre indicar o número de persoas beneficiarias e no punto 7 deben desagregar as localidades da provincia da Coruña (debe haber coherencia co sinalado no punto 2-ámbito territorial do anexo IV).

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000026-00

Asociación Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

Anexo II: explicar máis detalladamente o gasto de alugueiro de equipos informáticos. No punto 9 cómpre especificar as titulacións e o número de meses non pode exceder o da duración das actividades sinaladas no punto 5.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000027-00

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Achegar os estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e).

Anexo II: cubrir o punto 12 e modificar o punto 3 do anexo IV, de ser o caso.

Anexo II: emendar o punto 5 pois actuacións previstas do programa deben desenvolverse no 2024.

SI452A-2023-00000028-00

ACCEM

G79963237

Anexo I, II e IV: o principal colectivo destinatario do programa debe ser o mesmo.

SI452A-2023-00000029-00

Federación Aspace-Galicia

G36344950

Anexo IV: o punto 2 debe coincidir co declarado no punto 7 do anexo II. Especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000030-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Acreditar que ten a súa sede social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.c).

Anexo II: no punto 3 cómpre indicar o número de persoas beneficiarias directas.

Anexo IV: punto 3 (cofinanciamento do programa) debe ter coherencia co punto 8 do anexo II.

SI452A-2023-00000031-00

Asociación Axel Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

Anexo II: cubrir as datas de inicio e fin no punto 5 e no punto 8 especificar máis detalladamente a epígrafe B-outros gastos correntes.

Anexo II: cubrir o punto 7.

Anexo IV: cubrir o punto 2 (ámbito territorial).

SI452A-2023-00000032-00

Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual

G36880615

Achegar os estatutos das dúas entidades debidamente legalizados (artigo 8.1.e).

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades da bisbarra da Limia e modificar o punto 2 do anexo IV (ámbito territorial), de ser o caso.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000033-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades onde se vai executar o programa e modificar o punto 2 do anexo IV (ámbito territorial), de ser o caso.

SI452A-2023-00000034-00

Asociación Gallega Afectados Transplantes Medulares

G70370713

Acreditar que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) (artigo 4.1 a).

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000035-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Acreditar que ten o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 4.1.c).

Anexo IV: especificar a orde reguladora das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas subvencións (ano 2019).

SI452A-2023-00000036-00

Ecos do Sur

G15354483

Anexo II: no punto 9 cubrir o número de meses.

Anexo IV: o punto 2 (ámbito territorial) debe coincidir co declarado no punto 7 do anexo II.

SI452A-2023-00000037-00

Cáritas Federadas Prov Eclesiástica Santiago Compostela Galicia

R1500444C

Achegar os estatutos de Cáritas Diocesana Santiago de Compostela debidamente legalizados.

Achegar o documento de compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un (artigo 8.1.f).

Anexo I e anexo II punto 3. Especificar o principal colectivo destinatario segundo a disposición adicional única.

Anexo II: especificar o punto B outros gastos correntes.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000038-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

Achegar os estatutos de Acadar debidamente legalizados.

Achegar o documento de compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un (artigo 8.1.f).

Anexo IV: punto 3 (cofinanciamento do programa) debe ter coherencia co punto 8 do anexo II.

SI452A-2023-00000040-00

Asociación pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II e a denominación do programa debe coincidir co anexo II punto 1.

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades da bisbarra Muros-Noia e Barbanza e modificar o punto 2 do anexo IV (ámbito territorial), de ser o caso.

Anexo IV: cubrir o punto 3. Especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000043-00

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia

G15545353

Anexo II: cubrir no punto 3 o número total de persoas beneficiarias directas.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000045-00

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Acreditar que a entidade carece de ánimo de lucro (artigo 4.1.b).

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8.

Anexo II: modificar o punto 8 pois as axudas de custo non poden superar o 10 % do importe solicitado e no punto 9 cubrir o número de meses da avogada.

SI452A-2023-00000046-00

Valores Innovation

G70377585

Achegar os anexos II, III e IV cubertos e asinados.

SI452A-2023-00000047-00

Cruz Roja Española

Q2866001G

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II.

Anexo II: a contía solicitada no punto 8 non pode ser superior a 75.000 €.

SI452A-2023-00000049-00

Asociación Sociocultural Ascm

G15161573

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades e modificar o punto 2 do anexo IV (ámbito territorial), de ser o caso.

Modificar o punto 8 pois as axudas de custo non poden superar o 10 % do importe solicitado.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000050-00

APAMP Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

Anexo II: modificar o punto 8 segundo o declarado no punto 12.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000051-00

Asamblea de Cooperación por la Paz

G80176845

Anexo II: cubrir no punto 3 o número total de persoas beneficiarias directas. No punto 5 poñer o nome das actividades. Especificar máis detalladamente a epígrafe B-outros gastos correntes e a súa relación coas actividades.

SI452A-2023-00000052-00

Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea

G32187049

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000054-00

Fundación Mujeres

G80974702

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II.

Anexo II: no punto 9 especificar as titulacións.

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000055-00

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

Anexo II: no punto 7 desagregar as localidades onde se vai executar o programa e modificar o punto 2 do anexo IV (ámbito territorial), de ser o caso.

SI452A-2023-00000058-00

Fundación Amigó

G81454969

Anexo I: especificar o principal colectivo destinatario segundo a disposición adicional única. O importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II.

Anexo II: especificar o principal colectivo destinatario segundo a disposición adicional única.

Anexo III: o punto 8 debe recoller os datos da contratación na Comunidade Autónoma de Galicia.

SI452A-2023-00000059-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo I: o importe solicitado debe coincidir co total do importe solicitado no punto 8 do anexo II.

Anexo II: aclarar que o número de persoas beneficiarias sinaladas no anexo II non coincide co número reflectido na memoria e que no punto 9 non se reflicte o traballador social do que se fala na memoria.

SI452A-2023-00000060-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

G94088549

Anexo I: o tipo de programa sinalado non é o mesmo que se recolle no anexo II. O colectivo sinalado Mulleres rurais non coincide co sinalado no punto 3 do anexo II nin coa maioría dos concellos sinalados. Xustificación da inclusión do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos (artigo 6.2).

Anexo IV: o marcado no punto 2º (ámbito territorial) debe coincidir co recollido no punto 7 do anexo II.

SI452A-2023-00000062-00

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

Acreditar que a entidade está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) (artigo 4.1.a).

Achegar os estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e).

Anexo I e II: especificar o principal colectivo destinatario segundo a disposición adicional única.

Anexo II: no punto 9 o número de meses non pode exceder o da duración das actividades sinaladas no punto 5.

SI452A-2023-00000064-00

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

Anexo IV: especificar as ordes reguladoras das axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % que financiaron os programas.

SI452A-2023-00000065-00

Asociación Centinelas

G70390745

Achegar os estatutos da entidade debidamente legalizados (artigo 8.1.e).

SI452A-2023-00000066-00

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Acreditar que a entidade carece de ánimo de lucro (artigo 4.1.b).

SI452A-2023-00000067-00

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Anexo II: no punto 5 especificar a data de inicio e fin de todas as actividades e cubrir todas as columnas do punto 9. Modificar o punto 8 pois as axudas de custo non poden superar o 10 % do importe solicitado. Cubrir o punto 12 en coherencia co reflectido no punto 8.

Anexo IV: o punto 3 (cofinanciamento do programa) debe ter coherencia co punto 8 do anexo II.

SI452A-2023-00000068-00

ONGD Senvalos

G70610282

Achegar os anexos II e IV cubertos e asinados.