Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro de 2023) aprobáronse as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e convocouse, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo cuarta edición (código de procedemento MR709A).
Desde o punto de vista da xestión orzamentaria, o crédito para xestionar a convocatoria (cód. proxecto 2017-00002) impútase ás contas orzamentarias 14-A1-712A-770.0 e 14-A1-712A-781.0, por un importe de 80.000 €, financiado con fondos propios libres.
O 26 de outubro de 2023, a directora xeral da Axencia, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24.7.2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu a citada convocatoria.
O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao abeiro da décimo cuarta edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, convocada pola Resolución do 26 de decembro de 2022.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Categoría |
Beneficiario |
Finalidade da subvención |
Premio |
Mocidade |
Educalecrín, Sociedade Cooperativa Galega |
Proxecto de educación eco-social «A educación como base para valorar a nosa terra» |
10.000 € |
Paisaxe rural |
A Man de Prado, S.L. |
Adega sostible e viveiro de variedades de vides autóctonas da Ribeira Sacra |
10.000 € |
Proxectos de interese social |
Asociación Centro de Desenvolvemento Rural O Viso |
Proxecto integral de intervención comunitaria na comarca da Limia |
10.000 € |
Turismo |
Xesteco Consultoría, S.L. |
Tirolina das minas: proxecto de turismo activo na Pontenova |
10.000 € |
Sector agrogandeiro |
Proplantae Sanidad Vegetal, S.L. |
Provide: proxecto de biotecnoloxía para a sanidade vexetal que ofrece solucións para unha agricultura sustentable |
10.000 € |
Mulleres |
Nuria Sotelo Rodríguez |
A Casa Vella: proxecto de casa de creación artística para a dinamización cultural no rural |
10.000 € |
Innovación tecnolóxica |
Soluciones Conceptuales e Innovación, S.L. |
FrutoDS: ecodeseño e innovación tecnolóxica no rural galego |
10.000 € |
Recuperación e posta en valor da terra agraria |
Johnny Trigas Rodríguez |
Proxecto de recuperación da actividade apícola no Carballiño para a produción de mel e os derivados da actividade das colmeas para a creación dunha liña cosmética ecolóxica e natural |
10.000 € |