DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

Antecedentes:

1. O Pleno do Concello da Pontenova en virtude do Acordo do 28 de febreiro de 2023 acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa de referencia e sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 78, do 24 de abril), nun xornal dos de maior circulación da provincia (El Progreso, edición do 24 de abril de 2023, páxina 19) e no taboleiro de anuncios do Concello da Pontenova desde o 24 de abril ata o 24 de maio de 2023. Así mesmo, notificóuselle ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Facenda e Función Pública.

A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente ás persoas que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación. Ademais, a estas persoas interesadas envióuselles tamén unha copia do citado Acordo do 28 de febreiro de 2023.

2. O Concello da Pontenova, o 20 de xuño de 2023, emitiu certificado das alegacións presentadas no seu rexistro de entrada polos interesados no expediente.

3. Rematados eses trámites, a Administración actuante, por medio do perito Víctor Manuel de la Cruz Vigo, enxeñeiro agrónomo, colexiado nº 464 do COIA de Galicia, elaborou un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas.

4. A xerente de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A., beneficiaria da expropiación, asinou a correspondente certificación sobre a dispoñibilidade orzamentaria para a adquisición de terreos desta actuación.

Consideracións legais:

Primeira. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Segunda. O dito proxecto ten por obxecto a expropiación por parte do Concello da Pontenova, en beneficio de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A., dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2).

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 do LSG, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceira. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da LSG. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto á situación, superficie e lindes, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, que conterá no só o valor do solo senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

Cuarta. O artigo 118.6 da LSG establece que «emitido o informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal ou autonómico que sexa competente».

Pois ben, na citada expropiación, o Concello da Pontenova actúa como Administración expropiante e ten a potestade de expropiación forzosa en virtude do artigo 4.2 da LSG.

De acordo co anterior, na sesión ordinaria do 28 de setembro de 2023, o Pleno do Concello da Pontenova adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas polos motivos expresados nos informes incluídos na memoria redactada polo perito Víctor Manuel de la Cruz Vigo, enxeñeiro agrónomo, colexiado nº 464 do COIA de Galicia, do que se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo, e aprobar as preceptivas follas de prezo xusto definitivas incluídas na dita memoria.

Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial da Pontenova, Lugo (sector S-PE2) e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceiro. Ordenar a notificación deste acordo, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao cal se deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar este acordo ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no expediente expropiatorio que se aproba.

Cuarto. Ordenar a publicación deste acordo, así como o seu anexo de relación de bens e dereitos afectados, no Diario Oficial de Galicia e no tabolerio de edictos do Concello da Pontenova. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que sirva de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación ou o medio ou ben, se intentada esta, non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme se dispón no artigo 118.7 da LSG, durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data de publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, mediante escrito dirixido ao Concello da Pontenova, no enderezo praza do Concello, s/n, 27720 (A Pontenova), así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da LSG.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Incorpórase como anexo a relación definitiva de bens, dereitos e titulares.

A Pontenova, 2 de novembro de 2023

Darío Campos Conde
Alcalde

ANEXO

Relación definitiva de bens, dereitos e titulares

Nº de exp.

Pol./parc.

Referencia catastral

Titular

Superficie obxecto de expropiación (m2)

1

2/320

27048F00200320

Antonio Lombardero López e Mª del Carmen Reimondo González

1.193,00

2

2/318

27048F00200318

Herdeiros de José Antonio Hogaza García

737,00

3

2/317

27048F00200317

Antonio Lombardero López e Mª del Carmen Reimondo González

41,00

4

2/319

27048F00200319

Perfecta Ogaza Fontangordo

2.549,00

5

2/10312

27048F00210312

Ana Iravedra Iravedra e Javier Iravedra Iravedra

155,00

6

2/5428

27048F00205428

Perfecta Ogaza Fontangordo

1.788,00

7

65184/23

6518423PJ4061N

Herdeiros de Perfecta Domínguez Sequeiro

248,00

8

65184/24

6518424PJ4061N

Julio Miranda Álvarez, María Oliva Seivane Otero, José María Miranda Álvarez e María Dominica Vidueiro Cabodevila

864,00

9

65184/49

6518449PJ4061N

Elena Lamas Liz

453,00

10

65184/25

6518425PJ4061N

Benancio Lastra Enríquez

449,00

11

65184/22

6518422PJ4061N

Kevin Fiallega García, Modesto García Sequeiro, María Nieves García Silván e Luis García Sequeiro

842,00