DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de suspensión facultativa de licenzas na contorna das rúas Fuensanta Rodríguez, Fonte de Ramos, Artesáns e Carlos Casas (expediente 7003/2023).

O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de outubro de 2023, adoptou por unanimidade dos seus membros o acordo que a seguir se transcribe:

Primeiro. Suspender os procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito identificado no resumo executivo incorporado ao expediente coa finalidade de estudar a modificación da ordenación urbanística na contorna das rúas Fuensanta Rodríguez, Fonte de Ramos, Artesáns e Carlos Casas, durante o prazo dun ano desde a publicación deste acordo ou, se é o caso, ata a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal cando esta teña lugar dentro do prazo de vixencia da suspensión facultativa.

O contido e alcance da suspensión son os que se determinan no resumo executivo incorporado ao expediente.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior circulación da provincia.

O expediente poderá ser consultado por calquera interesado nas dependencias municipais. Así mesmo, na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) estará dispoñible o resumo executivo e os ámbitos afectados pola suspensión de licenzas.

Sanxenxo, 18 de outubro de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente