DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 27 de novembro de 2023 Páx. 65319

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2023, pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C) (3ª concesión).

Antecedentes:

Primeiro. O 27 de marzo de 2023 publicouse a Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C) (en diante, bases reguladoras).

Segundo. O 9 de agosto de 2023 publicouse a Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C) (en diante, orde da convocatoria).

Terceiro. O 25 de outubro de 2023 publicouse a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións convocadas mediante a Orde do 28 de xullo de 2023 (en diante, Resolución do 17 de outubro de 2023).

Cuarto. Mediante a Resolución do 13 de novembro de 2023, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, modifícase a Resolución do 17 de outubro de 2023 para ampliar a subvención concedida ao Concello de Guntín e de San Cibrao das Viñas e para conceder subvención aos concellos de Covelo, San Xoán de Río, Monterrei, O Vicedo e Xinzo de Limia, cuxas solicitudes foran inicialmente desestimadas por esgotamento do crédito da convocatoria (en diante, Resolución do 13 de novembro de 2023).

Quinto. Mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 acéptase a renuncia presentada polo Concello de Rábade á subvención que se detalla a seguir, concedida mediante a Resolución do 17 de outubro de 2023:

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Rábade

P2705600A

I.1

48.400,00 €

21.261,97 €

17.458,02 €

38.719,99 €

Sexto. Como se indica na Resolución do 13 de novembro de 2023, ao Concello do Vicedo concedéuselle unha axuda parcial de 30.589,05 euros e non a total de 50.000 euros, ao terse esgotado o crédito dispoñible.

O detalle da subvención parcialmente concedida é o seguinte:

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

O Vicedo

P2706400E

21,5

I.1

288.559,57 €

16.798,03 €

13.791,02 €

30.589,05 €

Porén, o importe máximo da subvención que lles correspondería senón se esgotase o crédito é o seguinte:

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

O Vicedo

P2706400E

21,5

I.1

288.559,57 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Polo tanto, o importe adicional que lle corresponde é o seguinte:

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

O Vicedo

P2706400E

21,5

I.1

288.559,57 €

10.658,04 €

8.752,91 €

19.410,95 €

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De conformidade co disposto no artigo 8 da orde da convocatoria, o secretario xeral para o Deporte elevoulle a proposta de resolución de concesión, conforme todo o actuado, á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Segunda. O artigo 21 das bases reguladoras establecen que as cantidades que resulten sobrantes por causa de renuncia ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte dos concellos beneficiarios poderanse dedicar a subvencionar os concellos que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro desta orde, de acordo coa orde de prelación resultante da valoración efectuada pola Comisión de Valoración.

Terceira. Con data do 20 de novembro de 2023, o secretario xeral para o Deporte emite o informe proposta de modificación da Resolución do 17 de outubro de 2023, para ampliar a axuda ao Concello do Vicedo ata o máximo subvencionable, en vista do crédito dispoñible na liña I.1 tras a aceptación da renuncia á subvención presentada polo Concello de Rábade.

Segundo o citado informe proposta do secretario xeral para o Deporte, a solicitude, a actuación que se vai desenvolver obxecto da solicitude de subvención, a contía e o trámite do expediente axústanse ao establecido na convocatoria e nas bases reguladoras.

O importe da subvención serán do 80 % do orzamento de actuación, ata o límite máximo de 50.000 euros, de conformidade co artigo 2.2 das bases reguladoras e co artigo 2.2 da orde da convocatoria.

Unha vez determinado o importe total da subvención, distribúese nas dúas anualidades previstas, na mesma proporción que está distribuído o crédito asignado á convocatoria realizada, resultando que o 54,91 % se imputa ao 2023 e o 45,09 % se imputa ao 2024.

Cuarta. De conformidade co artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a modificación da resolución como consecuencia da renuncia da entidade local relacionada nesta resolución non dana dereitos de terceiros e non afecta o resultado da baremación con base en que se lle adxudicou a subvención outorgada, de conformidade cos criterios aplicados que figuran no artigo 10 das bases reguladoras.

Quinta. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Sexta. Con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte do 20 de novembro de 2023, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e visto o informe favorable emitido pola Intervención Delegada e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C), para ampliar, polas cantidades que se indican a seguir, o importe da subvención correspondente ao Concello do Vicedo, ata completar o importe máximo subvencionable:

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

O Vicedo

P2706400E

21,5

I.1

288.559,57 €

10.658,04 €

8.752,91 €

19.410,95 €

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 13 da bases reguladoras, a entidade local beneficiaria disporá dun prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben para comunicar a renuncia á subvención concedida. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

Terceiro. Segundo o artigo 5 das bases reguladoras e o artigo 5 da orde de convocatoria, a entidade local que resulte beneficiaria quedará obrigada a presentar o correspondente proxecto técnico e a autorización administrativa municipal e sectorial oportuna, se a entidade e a complexidade das obras que se vaian executar o exixen.

Cuarto. Para a xustificación da subvención, segundo o artigo 12 da orde da convocatoria, a entidade local beneficiaria terá un prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a correspondente xustificación, segundo a documentación establecida no referido artigo, ata o 27 de novembro de 2023, para a primeira anualidade, e ata o 31 de outubro de 2024, para a segunda anualidade.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes