DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2023 Páx. 64460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento do monte Faro, no concello do Páramo (expediente 2_80/1DES_2019).

Na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 9.10.2023 figura o seguinte acordo:

MVMC Faro (expediente 2/80), pertencente aos veciños da parroquia de Friolfe, concello do Páramo.

O 11.1.2019 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade de Friolfe, de deslindamento parcial do seu monte con propiedades particulares. A solicitude foi mellorada o 22.1.2019 e o 20.2.2019 tras serlle requirido.

De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 25.9.2019, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 1DES_2019. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello do Páramo e na web da Consellería do Medio Rural.

O 14.11.2019 a comunidade de Friolfe comunicou que non houbo alegacións e que se ratifican na proposta inicial. Sobre ela, o 7.5.2021 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

O 19.9.2023, tras ser advertidos do arquivamento do expediente por falta de impulso, tivo entrada a proposta definitiva, ratificada pola comunidade na asemblea do 28.8.2022, así como a documentación requirida no artigo 54.3.

O 27.9.2023 o Servizo de Montes elaborou unha memoria en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Faro pasa a ter unha superficie de 74,11 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as correccións oportunas no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 6 de novembro de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file