DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/219-4).

Expediente: IN407A 2023/219-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA e substitución do apoio 9TNCU404//24 da LMTA VAR803B Rúa Nova-Friáns 3.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Feitos:

Primeiro. O 12 de abril de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTA e substitución do apoio 9TNCU404//24 da LMTA VAR803B Rúa Nova-Friáns 3.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na substitución do apoio 9TNCU404//24 da LMTA VAR803B Rúa Nova-Friáns por deterioración. Como consecuencia deste actuación tenderase un novo condutor LA-110 entre o apoio proxectado e o apoio existente 9TOW0IPA//23 e retensarase o condutor entre os apoios 9TJB6MAF//26 e 9TNCU404//24. Tamén se instalará un novo condutor LA-56 entre o apoio proxectado e o apoio 9TNGLBAJ//24-1. As actuacións están previstas na parroquia de Sobrán, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Demarcación de Carreteras del Estado. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido pola Demarcación de Estradas do Estado.

O Concello de Vilagarcía de Arousa non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 98 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 9TNCU404//24 (substitución do existente por un C-3000/16) na LMT VAR803 Rúa Nova-Friáns 3 e final no apoio existente nº 9TOW0IPA//23.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 56 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 9TNCU404//24 e final no apoio existente nº 9TNGLBAJ//24-1.

– Regulación do condutor LA-110 existente entre os apoios nº 9TJB6MAF//26 e nº 9TNCU404//24 (246 metros).

– A instalación está situada na parroquia de Sobrán, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9TNCU404//24 da LMTA VAR803B Rúa Nova-Friáns 3, expediente IN407A 2023/219-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra