DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2023/210-4).

Expediente: IN407A 2023/210-4.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación RC no apoio B5EWPBVT//243 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog Cogal 11 e LMTA.

Situación: concello de Rodeiro.

Feitos:

Primeiro. O 4 de abril de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica dun RC no apoio B5EWPBVT//243 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog Cogal 11 e LMTA.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dun reconectador seccionador telecontrolado no apoio de formigón B5EWPBVT//243 da liña de media tensión LAL811 Rodeiro-Cog Cogal 11. Como este apoio non é apto para soportar os esforzos a que se verá sometido por causa da instalación do reconectador, substituirase este apoio por un novo tipo celosía A-AG-C-2000-14 con cruceta H-35-6x-CA-CS, así como 126 metros do condutor entre o apoio proxectado e o apoio B5FQEOPO//242. As actuacións están previstas na parroquia de San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Rodeiro, Telefónica España, S.A.U. e o Servizo de Coordinación Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido por Telefónica de España, S.A.U.

O Servizo de Coordinación Cultural informou que non existen elementos para protexer desde o punto de vista de protección do patrimonio que poidan verse afectados polas referidas obras.

O Concello de Rodeiro non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio B5EWPBVT//243 da LMTA LAL811-Cog. Cogal 11, por un C-2000/14, no cal se instala un reconectador-seccionador telecontrolado.

–Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 126 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 (nº B5EWPBVT//243) e final no apoio existente nº B5FQEOPO//242.

– Retensado do outro van contiguo ao apoio proxectado (221 metros de conductor LA-30).

– A instalación está situada en San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada instalación RC no apoio B5EWPBVT//243 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog Cogal 11 e LMTA, expediente IN407A 2023/210-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra