DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente na instalación de gas natural canalizado nos polígonos 1, 2 e 3 San Paio de Navia, no concello de Vigo (expediente IN627A 2022/001-4).

En cumprimento do disposto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que se describe:

Solicitante: Nedgia Galicia, S.A. (NIF A15383284).

Domicilio para os efectos de notificación: rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Infraestrutura gasista: construción de instalacións de distribución de gas natural.

Situación: polígonos 1, 2 e 3 San Paio de Navia, concello de Vigo.

Instalacións proxectadas: construción dunha nova rede de gas natural de 5.678 metros nos polígonos 1, 2 e 3 de San Paio de Navia. Esta rede vaise legalizar a unha MOP de 4 bar.

Rede de distribución

MOP rede actual:

4 bar

MOP rede que se executa:

4 bar

Lonxitude que se executa:

5.678 metros dos cales:

1.046 metros de PE DN 110, SDR 17,6

478 metros de PE DN 90, SDR 17,6

4.154 metros de PE DN 63, SDR 17,6

Nº de válvulas que se instalan:

7 unidades

Orzamento: 162.675,87 €.

Documentación que se expón: proxecto da referida infraestrutura gasista, asinado o 26.4.2022 pola enxeñeira técnica industrial Alejandra Risco Barba (colexiada nº 25430 do COITIM).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as alegacións ou as observacións que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días, que contará a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra) e no portal de transparencia de esta consellería a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

Pontevedra, 16 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefe territorial de Pontevedra