DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2023/405-1).

Expediente: IN407A 2023/405-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución na LMT TA2-808 dos apoios 9JOKSTDX//54-A-50 e 9JOK3EG7//54-A-51 por novos apoios e instalación de RC.

Concello: Outes.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña TA2-808 autorizado no expediente 34.838 (derivada a CT Valadares), de 432 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os seus apoios nº 54-A-49 (matrícula 9JONSLFK) de formigón tipo AE-HV-400/11-B2-CA e nº 54-A-52 (matrícula 9JOJBXHL) metálico de celosía tipo A-AL-C-CR-CA. Consistirá en:

• Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 140 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 54-A-50 (matrícula 9JOKSTDX) de formigón tipo S-AL-HV-250/13-B1-CS e o apoio nº 54-A-51 (matrícula 9JOK3EG7) de formigón tipo S-AL-HV-250/11-B1-CA.

• Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15063B501001850000WH sita no lugar de Valadares (San Miguel), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 54-A-49, substitución do apoio nº 54-A-50 anterior polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA. Nel proxéctase instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que adquire a condición de apoio frecuentado.

• Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15063B501001850000WH sita no lugar de Valadares (San Miguel), cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 54-A-52, substitución do apoio nº 54-A-51 anterior polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS), que adquire a condición de apoio frecuentado.

• Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 140 metros de lonxitude que conformarán os apoios nº 54-A-50 e nº 54-A-51 unha vez substituídos.

• As operacións indicadas implican a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados nos apoios nº 54-A-49 e nº 54-A-51.

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 180 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 54-A-49 existente e o novo apoio nº 54-A-50 proxectado.

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 48 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 54-A-51 proxectado e o apoio nº 54-A-51-1 existente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 26 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución na LMT TA2-808 dos apoios 9JOKSTDX//54-A-50 e 9JOK3EG7//54-A-51
por novos apoios e instalación de RC

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Outes

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José María Suárez Castelo

15063B501001850000WH

Fieiro

Novos apoios nº 54-A-50 (ITC)

e nº 54-A-51

1,85 + 1,80

Rústico