DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 64137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Outes (expediente IN407A 2023/408-1).

Expediente: IN407A 2023/408-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios 9KBD8NLS//54-A-27 e 9K9CDWOU//54-A-27-B-1 e instalación de RC na LMTA TA2-808.

Concello: Outes.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña TA2-808 autorizado no expediente 34.838 denominado derivada a CT Arestino (matrícula 15XK67), de 372,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 54-A-27 (matrícula 9KBD8NLS) de formigón tipo HV-1000/13-CR-CA-derivación dobre-CA e o apoio nº 54-A-27-B-2 (matrícula 9K6NTDB4) metálico de celosía. Consisten en:

• Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 188 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 54-A-27 anterior e o apoio nº 54-A-27-B-1 (matrícula 9K9CDWOU) de formigón tipo HV-1000/12-CR1-CA.

• Respectando cunha lixeira variación a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15063B507011740000WH, sita no lugar de Carleo de Abaixo, substitución do apoio nº 54-A-27 polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-3000/16-H35-CA(CS)-H35-derivación dobre, que adquire a condición de apoio frecuentado.

• Respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15063B507011360000WS, sita no lugar de Carleo de Abaixo, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 54-A-27-B-2, substitución do apoio nº 54-A-27-B-1 anterior polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/18-T35/180-CA(CS). Nel proxéctase instalar un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que adquire a condición de apoio frecuentado.

• Estas operacións implican a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 54-A-27-B-1.

• Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 187,7 metros de lonxitude que conformarán os apoios nº 54-A-27 e nº 54-A-27-B-1 unha vez substituídos.

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña TA2-808 autorizado no expediente 34.838 denominado derivada a CT Outón (matrícula 15XDM0), en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 54-A-27 (matrícula 9KBD8NLS) de formigón tipo HV-1000/13-CR-CA-derivación dobre-CA e o apoio nº 54-A-27-A-1 (matrícula 9KCEEGXO) metálico de celosía. Consisten en:

• Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van de 49 metros de lonxitude formado polo apoio nº 54-A-27 e o apoio nº 54-A-27-A-1.

• Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 50 metros de lonxitude que conformarán o apoio nº 54-A-27 unha vez substituído e o apoio nº 54-A-27-A-1 existente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 26 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución dos apoios 9KBD8NLS//54-A-27 e 9K9CDWOU//54-A-27-B-1 e instalación de RC na LMTA TA2-808

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Outes

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Aniceto Gómez Domínguez

15063B507011740000WH

Eira Vella

Novo apoio

nº 54-A-27

1,69

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías

2

Descoñecido

15063B507011360000WS

Cersóns

Novo apoio

nº 54-A-27-B-1 (ITC)

1,96

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías