DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 63817

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2023, pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C). Segunda concesión.

Antecedentes:

Primeiro. O 27 de marzo de 2023 publicouse a Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C) (en diante, bases reguladoras).

Segundo. O 9 de agosto de 2023 publicouse a Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C) (en diante, orde da convocatoria).

Terceiro. O 25 de outubro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións convocadas mediante a Orde do 28 de xullo de 2023 (en diante, Resolución do 17 de outubro de 2023).

Cuarto. As entidades locais que se relacionan a continuación presentaron escritos de renuncia á totalidade da subvención que se indica en cada caso:

Renuncias

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

A Gudiña

P3203500H

I.1

70.512,75 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

A Pastoriza

P2704400G

I.1

106.683,09 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Sobrado

P1508100C

I.1

48.396,48 €

21.260,43 €

17.456,75 €

38.717,18 €

Rianxo

P1507300J

I.2

64.795,50 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Total

290.387,82 €

103.628,64 €

85.088,54 €

188.717,18 €

Quinto. Mediante as resolucións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de novembro de 2023, acéptanse as renuncias ás subvencións presentadas polas entidades locais relacionadas anteriormente.

O importe total a que ascende a suma das cantidades afectadas polas renuncias é de 188.717,18 euros, dos cales 138.717,18 euros corresponden á liña de actuación I.1 e 50.000,00 euros á liña de actuación I.2:

Renuncias liña I.1

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

A Gudiña

P3203500H

I.1

70.512,75 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

A Pastoriza

P2704400G

I.1

106.683,09 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Sobrado

P1508100C

I.1

48.396,48 €

21.260,43 €

17.456,75 €

38.717,18 €

Total

225.592,32 €

76.172,57 €

62.544,61 €

138.717,18 €

Renuncias liña I.2

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Rianxo

P1507300J

I.2

64.795,50 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Total

64.795,50 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Sexto. O punto primeiro da Resolución do 17 de outubro de 2023 resolve as solicitudes estimadas.

Como se detalla no seu anexo I, ao Concello de Guntín (beneficiario dunha subvención na liña I.1) e ao Concello de San Cibrao das Viñas (beneficiario dunha subvención na liña I.2) concedéronselle axudas parciais ao terse esgotado o crédito de cada liña de actuación:

Así, o detalle das subvencións parcialmente concedidas aos citados concellos é o seguinte:

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Guntín

P2702300A

I.1

53.728,18 €

21.221,77 €

17.425,00 €

38.646,77 €

San Cibrao das Viñas

P3207600B

I.2

47.885,64 €

11.424,56 €

9.380,60 €

20.805,16 €

Non obstante, o importe máximo que lles correspondería senón se esgotase o crédito sería o seguinte:

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Guntín

P2702300A

I.1

53.728,18 €

23.601,71 €

19.380,83 €

42.982,54 €

San Cibrao das Viñas

P3207600B

I.2

47.885,64 €

21.035,20 €

17.273,31 €

38.308,51 €

Polo tanto, o importe adicional que lles corresponde é o seguinte:

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Guntín

P2702300A

I.1

53.728,18 €

2.379,94 €

1.955,83 €

4.335,77 €

San Cibrao das Viñas

P3207600B

I.2

47.885,64 €

9.610,64 €

7.892,71 €

17.503,35 €

Sétimo. Por outra banda, o punto segundo da Resolución do 17 de outubro do 2023 resolve as solicitudes desestimadas por esgotamento de crédito, de conformidade coa puntuación outorgada na Comisión de Valoración segundo o informe emitido con data do 10 de outubro de 2023.

O crédito resultante das renuncias citadas no antecedente quinto en cada liña de actuación, tras descontar os importes correspondentes ás ampliacións dos concellos de Guntín e de San Cibrao das Viñas, é o seguinte:

• Liña I.1: 134.381,41 €.

• Liña I.2: 32.496,65 €.

En virtude do artigo 21 das bases reguladoras é en vista da relación de solicitudes de-sestimadas por esgotamento do crédito e da orde de prelación fixada segundo o informe da Comisión de Valoración, as entidades locais solicitantes a que lles corresponde a subvención serían as seguintes:

Liña I.1:

2ª concesión liña I.1

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Covelo

P3601300A

I.1

33.540,00 €

14.734,02 €

12.097,98 €

26.832,00 €

San Xoán de Río

P3207100C

I.1

62.500,00 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Monterrei

P3205100E

I.1

33.700,45 €

14.804,51 €

12.155,85 €

26.960,36 €

O Vicedo (*)

P2706400E

I.1

288.559,57 €

16.798,03 €

13.791,02 €

30.589,05 €

Total

73.792,63 €

60.588,78 €

134.381,41 €

(*) Ao Concello do Vicedo corresponderíalle unha axuda parcial e non a total de 50.000,00 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible na liña de actuación I.1 tras as renuncias presentadas.

Liña I.2:

2ª concesión liña I.2

Nome do concello

NIF

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Xinzo de Limia (*)

P3203300C

I.2

47.965,40 €

17.845,43 €

14.651,22 €

32.496,65 €

Total

17.845,43 €

14.651,22 €

32.496,65 €

(*) Ao Concello de Xinzo de Limia corresponderíalle unha axuda parcial e non a total de 38.372,32 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible na liña de actuación I.2 tras as renuncias presentadas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De conformidade co disposto no artigo 8 da orde da convocatoria, o secretario xeral para o Deporte elevoulle a proposta de resolución de concesión, conforme todo o actuado, á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Segunda. O artigo 21 da Orde do 6 de xuño de 2023 establece que as cantidades que resulten sobrantes por causa de renuncia ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte dos concellos beneficiarios poderanse dedicar a subvencionar os concellos que presentaron, no prazo, a solicitude de subvención ao abeiro desta orde, de acordo coa orde de prelación resultante da valoración efectuada pola Comisión de Valoración.

Terceira. Con data do 7 de novembro de 2023, o secretario xeral para o Deporte emite un informe proposta de modificación da Resolución do 17 de outubro de 2023, para ampliar a axuda aos concellos de Guntín e San Cibrao das Viñas (ata o máximo subvencionable) e para conceder subvención aos concellos de Covelo, San Xoan de Río, Monterrei, O Vicedo e Xinzo de Limia, de conformidade coa prelación fixada segundo o informe da Comisión de Valoración emitido o 10 de outubro de 2023.

Segundo o citado informe proposta do secretario xeral para o Deporte, as solicitudes, as actuacións que se van desenvolver obxecto das solicitudes de subvención, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na devandita convocatoria e nas bases reguladoras.

Os importes das subvencións serán do 80 % do orzamento de actuación, ata o límite máximo de 50.000,00 euros para a liña I, de conformidade co artigo 2.2 das bases reguladoras e co artigo 2.2 da orde da convocatoria.

Unha vez determinado o importe total da subvención, distribúese nas dúas anualidades previstas, na mesma proporción que está distribuído o crédito asignado á convocatoria realizada, resultando que o 54,91 % se imputa ao 2023 e o 45,09 % se imputa ao 2024.

Cuarta. De conformidade co artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a modificación da resolución como consecuencia da renuncia das entidades locais relacionadas nesta resolución non dana dereitos de terceiros e non afecta o resultado da baremación con base na que se lle adxudicou a subvención outorgada, de conformidade cos criterios aplicados que figuran no artigo 10 das bases reguladoras das subvencións destas axudas.

Quinta. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Sexta. Con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte do 7 de novembro de 2023, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; vistos os informes favorables emitidos pola Intervención Delegada o día 8 de novembro de 2023 e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C), para ampliar o importe da subvención dos concellos de Guntín e de San Cibrao das Viñas, ata o máximo subvencionable, e para conceder subvención aos novos beneficiarios, nos seguintes termos:

Liña I.1:

2ª concesión liña I.1

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

Guntín (*)

P2702300A

24

I.1

53.728,18 €

2.379,94 €

1.955,83 €

4.335,77 €

Covelo

P3601300A

23

I.1

33.540,00 €

14.734,02 €

12.097,98 €

26.832,00 €

San Xoán de Río

P3207100C

22

I.1

62.500,00 €

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

Monterrei

P3205100E

22

I.1

33.700,45 €

14.804,51 €

12.155,85 €

26.960,36 €

O Vicedo (**)

P2706400E

21,5

I.1

288.559,57 €

16.798,03 €

13.791,02 €

30.589,05 €

Total

76.172,57 €

62.544,61 €

138.717,18 €

(*) Ampliación do importe.

(**) Ao Concello do Vicedo corresponderíalle unha axuda parcial e non a total de 50.000,00 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible na liña de actuación I.1 tras as renuncias presentadas.

Liña I.2:

2ª concesión liña I.2

Nome do concello

NIF

Puntos total

Liña de actuación

Orzamento do proxecto subvencionado

Axuda 2023

Axuda 2024

Axuda total

San Cibrao das Viñas (*)

P3207600B

57,2

I.2

47.885,64 €

9.610,64 €

7.892,71 €

17.503,35 €

Xinzo de Limia (**)

P3203300C

53,2

I.2

47.965,40 €

17.845,43 €

14.651,22 €

32.496,65 €

Total

27.456,07 €

22.543,93 €

50.000,00 €

(*) Ampliación do importe.

(**) Ao Concello de Xinzo de Limia corresponderíalle unha axuda parcial e non a total de 38.372,32 euros, ao esgotarse o crédito dispoñible na liña de actuación I.2 tras as renuncias presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 13 das bases reguladoras, as entidades locais beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben para comunicar a renuncia á subvención concedida. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

Terceiro. Segundo a artigo 5 das bases reguladoras e o artigo 5 da orde de convocatoria, as entidades locais que resulten beneficiarias quedarán obrigadas a presentar o correspondente proxecto técnico e as autorizacións administrativas municipais e sectoriais oportunas, se a entidade e a complexidade das obras que se vaian executar o exixen.

Cuarto. Para a xustificación da subvención, segundo o artigo 12 da orde da convocatoria, as entidades locais beneficiarias terán un prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a correspondente xustificación, segundo a documentación establecida no referido artigo, ata o 27 de novembro de 2023, para a primeira anualidade, e ata o 31 de outubro de 2024, para a segunda anualidade.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia,
Xustiza e Deportes