DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2023 Páx. 63824

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as empresas, as persoas físicas e as institucións sen fins de lucro beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o ano 2023 (código de procedemento MT821A).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas en virtude da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para o ano 2023 (código de procedemento MT821A).

A finalidade desta orde é promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a concesión de axudas económicas para realizar actividades na súa área de influencia socioeconómica. A regulamentación de usos e actividades permitidas no Parque Nacional é, en ocasións, certamente restritiva, pois a fraxilidade dos valores que se deben protexer así o exixe. Non obstante, isto non debe ser obstáculo para fomentar e lograr o crecemento económico da zona de influencia socioeconómica de xeito harmonioso e compatible cos obxectivos de conservación.

Esta subvención financiase integramente con fondos transferidos do Estado, de acordo coa Resolución de 20 de xuño de 2022 pola que se formaliza o compromiso financeiro coa Comunidade Autónoma de Galicia destinado ás areas de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Empréganse as aplicacións orzamentarias 08.03.541B.770.2, 08.03.541B.780.2 e 08.03.541B.781.1 do código de proxecto 2015 00694 do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 por un importe de 148.393,65 euros.

As contías e persoas beneficiarias por cada unha das liñas relaciónanse nos anexos I, II e III desta resolución.

As axudas ás empresas, persoas físicas e institucións sen fins de lucro foron aprobadas mediante a resolución da directora xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o día 28 de setembro de 2023.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

Anexo I

Relación de empresas beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.770.2

Expediente

NIF

Nome da empresa solicitante

Actuación

Total

puntuación

Importe elixible

PN-46/2023

B70****14

Properdis Empresa de Inserción

Laboral, S.L.

Control de especies alóctonas

invasoras na illa de Sálvora,

pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

1,389

8.000,00 €

PN-53/2023

B36****42

Iniciativas Tradicionales Marítimas, S.L.

Da conserva artesanal á industrial na ría de Arousa. Conserva

1,371

5.898,00 €

PN-17/2023

B36****93

Ibis, Natureza e Imaxe, S.L.N.E.

Realización de vídeo divulgativo sobre a gaivota patiamarela (Larus michahellis) no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia

1,183

8.000,00 €

PN-14/2023

354****2B

Bibiana Álvarez Seoane

Proxecto de divulgación no

arquipélago de Cortegada.

Eu divulgo, ti divulgas

1,183

8.000,00 €

PN-31/2023

B70****05

Golfiño Xestión de Ocio, S.L.

Illas Atlánticas, as illas sostibles

1,080

8.000,00 €

PN-37/2023

531****9A

Ana Vázquez Iglesias

Aprende sobre o Parque Nacional

xogando

1,080

8.000,00 €

Totais (€)

45.898,00 €

Anexo II

Relación de persoas físicas beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.780.2

Expediente

NIF

Nome da persoa solicitante

Actuación

Total

puntuación

Importe elixible

PN-63/2023

352****7F

María López Otero

Mantemento e recuperación da

tipoloxía construtiva tradicional na casa número 41 da illa de Ons

0,760

8.000,00 €

PN-01/2023

352****7G

Cesáreo Pérez Patiño

Cambio de tellado na casa número 84 da illa de Ons

0,760

8.000,00 €

PN-44/2023

768****8X

Arturo Goberna Martínez

Reparacións varias na casa número 82 da illa de Ons

0,760

8.000,00 €

PN-43/2023

352****8H

Marcelino Piñeiro Otero

Rehabilitación da casa número 81 da illa de Ons

0,760

8.000,00 €

PN-60/2023

394****8V

Alejandro Vázquez Correa

Recompilación histórica da vila de

colonización da illa de Ons. Aspectos culturais, naturais e arquitectónicos

0,651

8.000,00 €

PN-56/2023

531****2E

Pablo Francisco Gómez Sala

O cine doméstico nas Illas Atlánticas: patrimonio en risco de extinción

0,651

8.000,00 €

Totais (€)

48.000,00 €

Anexo III

Relación de institucións sen fins de lucro beneficiarias ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.781.1

Expediente

NIF

Nome da institución solicitante

Actuación

Total

puntuación

Importe

elixible

PN-11/2023

G15****98

Asociación galega para axuda dos enfermos con demencia tipo alzhéimer (Agadea)

Camiño de lembranzas: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (illa de Sálvora-Ribeira)

1,594

8.000,00 €

PN-54/2023

G70****10

Fundación Amicos protección persoas con discapacidade psíquica

Formación e capacitación adaptada de persoas con discapacidade como axentes ambientais no PNMT das Illas Atlánticas

1,594

8.000,00 €

PN-07/2023

G15****78

Asociación Amicos

Divulgación e difusión do desenvolvemento sustentable na área de influencia do PNIAG

1,594

8.000,00 €

PN-19/2023

G94****08

Asociación de Mariscadoras de Carril (Amarcarril)

Obradomar en Cortegada: xornadas de recollida de lixo mariño e obras artísticas na illa de Cortegada para centros de protección á infancia e centros de educación especial

1,594

7.690,00 €

PN-03/2023

G36****67

Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible

Proxecto Climillat (fase 2): cambio climático no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia

1,594

8.000,00 €

PN-24/2023

G09****51

Asociación Arousa Colibrí

Fórmate co Parque Nacional. Formación e voluntariado

1,594

8.000,00 €

Totais (€)

47.690,00 €