DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 7 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Costoia, a favor dos/das veciños/as de Costoia, no concello do Carballiño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de outubro de 2023, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Costoia, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 19 de abril de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Juan Noel Panadeiros Gallego, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Comunal de Costoia.

Segundo. O 27 de febreiro de 2023, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriuse un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Comunal de Costoia.

Superficie: 16,39 ha.

Pertenza: veciños/as de Costoia.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702441

Norte

32020A01709012

32020A01700469

32020A01700470

Leste

32020A01709002

Sur

32020A01709002

Oeste

32020A01700522

32020A01700521

32020A01700520

32020A01700518

32020A01700519

32020A01700514

32020A01700515

32020A01700473

32020A01700471

Predio 2.

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32020A01709003.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702446

32020A01702450

Norte

32020A01700035

Leste

32020A01702447

32020A01702448

32020A01709003

32020A01702518

Sur

32020A01700326

32020A01700327

32020A01700328

32020A01700330

32020A01700331

32020A01700332

32020A01700333

32020A01700334

32020A01700327

Oeste

32020A01700607

32020A01700606

32020A01700608

32020A01700609

32020A01700615

32020A01700616

32020A01700617

32020A01700620

32020A01700621

32020A01709011

32020A01701301

32020A01701302

32020A01701303

32020A01701305

32020A01701304

32020A01701363

32020A01701362

32020A01701360

32020A01701353

32020A01709003

32020A01702445

Predio 3.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A50100555

Norte

32020A50100557

Leste

32020A50100557

32020A50100556

Sur

32020A50100556

32020A50109011

Oeste

32020A01709011

Predio 4.

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32020A01709003.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702487

32020A01702522

Norte

32020A01701471

32020A01702443

32020A01709003

Leste

32020A01702521

32020A01701386

Sur

32020A01701328

32020A01709003

32020A01701330

32020A01701331

32020A01701332

32020A01701467

Oeste

32020A01709003

32020A01701468

32020A01701471

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Costoia, a favor dos/das veciños/as de Costoia, no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do contencioso administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de novembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
P.S. (Resolución do 12.7.2022)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo