DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Ganadería Castro Buxía, SAT nº 1419 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Castro Buxía, S.L. polo Acordo adoptado na asemblea xeral do 17 de xullo de 2023.

b) Cendal, SAT nº 1296 Xuga, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final, acordada na asemblea xeral do 2 de xuño de 2023.

c) A Rocheira, SAT nº 653 Xuga, disolta polo Acordo adoptado na asemblea xeral do 29 de xuño de 2023 e nomeamento da Comisión Liquidadora.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias