DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2023 Páx. 63773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 7 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Estada e Foral de Bertamil, a favor dos veciños de Bertamil, no concello do Carballiño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de outubro de 2023, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Estada e Foral de Bertamil, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 25 de maio de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Germán González Rodríguez e outro, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Estada e Foral de Bertamil.

Segundo. O 27 de febreiro de 2023, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Estada e Foral de Bertamil.

Superficie: 3,28 ha.

Pertenza: veciños/as de Bertamil.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32020A01709003.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702442

32020A01702443

Norte

32020A01709003

Leste

32020A01709003

Sur

32020A01709003

32020A01702522

32020A01701471

32020A01701485

32020A01701486

Oeste

32020A01702196

32020A01702210

32020A01702211

32020A01702213

32020A01702215

32020A01702218

32020A01702220

32020A01702224

32020A01702467

32020A01702229

32020A01702238

32020A01702239

32020A01702240

32020A01702241

32020A01702245

32020A01702246

32020A01702248

32020A01702249

32020A01702250

32020A01702253

32020A01702254

32020A01702255

32020A01702282

Predio 2:

Parcelas obxecto declasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01702489

Norte

32020A01702494

32020A01709003

Leste

32020A01709003

32020A01702266

Sur

32020A01702267

32020A01702268

32020A01702269

32020A02200711

32020A01702310

32020A02200713

32020A01702311

32020A01702491

Oeste

32020A01702491

32020A01702492

32020A01702493

32020A01702494

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Estada e Foral de Bertamil, a favor dos veciños de Bertamil, no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de novembro de 2023

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
P.S. (Resolución do 12.7.2022)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo