DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do PERI-2-R Sánchez Aguilera e do convenio co Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamiento da Defensa para o alleamento de varias propiedades situadas no dito municipio.

A Xunta de Goberno local, na sesión do 3.4.2023, acordou:

«a) Ratificación da acta de cesión asinada polo Invied e o Alcalde de Ferrol o 21.3.2023, pola cal se ceden gratuitamente e libre de cargas, para a súa incorporación ao patrimonio municipal do solo, en pagamento do 10 % de aproveitamento municipal que lle corresponde ao concello no proxecto de equidistribución do PERI-2-R Sánchez Aguilera as seguintes propiedades que figuran na acta de cesión e no acordo de aprobación inicial do proxecto de equidistribución, inscritas segundo as certificacións adxuntas á acta de entrega:

1. Polvorín de Mougá.

2. Ex Polígono de Tiro de Catabois.

3. Parcelas A e B en Canido, do Cuarteliño de San Luis.

4. Campamento de Cobas.

5. Cuarteliño de Monte Cobas.

6. Polígono de Tiro de Doniños.

7. Estación Torpedista da Armada.

8. Observatorio Meteorolóxico de Monteventoso.

b) Aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do PERI-2-R Sánchez Aguilera, asinado polo equipo redactor o 23.2.2023, que incorpora o resultado do acordo de resolución de alegacións da Xunta de Goberno local do 9.2.2023 e as aclaracións sobre os terreos excluídos do ámbito da equidistribución solicitadas polo Invied.

c) Acordar que a relación das construcións, dereitos e cargas e outros elementos que se consideren incompatibles co planeamento son os identificados no propio proxecto de equidistribución que se aproba a cuxo texto se remite este acordo, así como acordar a súa extinción e fixar a indemnización correspondente segundo o importe que figura no dito proxecto, que corre por conta do Invied como propietario único do polígono.

d) Unha vez firme na vía administrativa o acordo de aprobación definitiva, proceder á súa inscrición no Rexistro da Propiedade segundo o procedemento legalmente establecido e practicar calquera outro trámite preceptivo derivado da aprobación definitiva do proxecto de equidistribución.

e) Notificar o acordo ao propietario e publicar o acordo no DOG e no BOP conxuntamente coa ratificación do Convenio asinada o 21.3.2023».

O proxecto de equidistribución do PERI-2-R Sánchez Aguilera pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ferrol.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el pode interpoñerse ou ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso sen prexuízo de que se interpoña calquera outro recurso que se estime procedente.

O Pleno na sesión do 7.3.2023 acordou:

«Primeiro. Desestimar as alegacións referidas ao Convenio entre o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa e o concello de Ferrol para o alleamento de varias propiedades situadas no dito municipio, achegadas polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) o 20.10.2022 e por Manuel López Zebral na representación que invoca o 20.10.2022.

Segundo. Ratificar o texto do Convenio entre o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e equipamento da Defensa e o Concello de Ferrol para o alleamento de varias propiedades situadas no dito municipio aprobado inicialmente polo Pleno do 17.3.2015, elevando este a definitivo.

Terceiro. Autorizar o alcalde para a sinatura e execución do devandito convenio e demais trámites regulamentarios.

Cuarto. Notificar ao Invied o presente acordo e publicar o texto do convenio».

A continuación publícase o texto do dito convenio para os efectos da súa entrada en vigor, que foi ratificado na acta do 21.3.2023 subscrita polo alcalde presidente do concello e o director xerente do Invied:

«Ferrol, 25 de marzo de 2015.

REUNIDOS:

Dunha parte, José Manuel Rey Varela, alcalde presidente do concello de Ferrol.

E doutra parte, Fernando Villayandre Fornies, director xerente do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (Invied).

INTERVEÑEN:

O primeiro, en nome e representación do Concello de Ferrol segundo acordo do Pleno do Concello con data do 17 de marzo que lle autoriza para a sinatura do presente convenio.

O segundo, en nome e representación do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, para cuxo cargo foi designado por Resolución 430/38142/2012, do 26 de setembro (BOE nº 239, do 4 de outubro), en virtude das facultades que lle outorga o Estatuto do citado organismo, aprobado polo Real decreto 1286/2010, do 15 de outubro (BOE nº 257, do 23 de outubro).

Todas as partes recoñécense capacidade legal bastante para a formalización do presente acordo e, para ese efecto,

EXPOÑEN:

Primeiro. Antecedentes

Con data do 18 de setembro de 2007 formalizouse o Convenio subscrito entre o Concello de Ferrol e a extinta Xerencia de Infraestruturas e Equipamento de Defensa, no que se incluían unha serie de propiedades do Ministerio de Defensa situadas no Termo Municipal de Ferrol, entre as que destacaba o Acuartelamento Sánchez Aguilera e o Cuarteliño de Mariñeiría do Cuartel Xeral da Zona Militar de Cantábrico.

As accións de plan urbanístico levadas a cabo polo concello sobre as propiedades do Estado Ramo de Defensa anteriormente referenciadas, como consecuencia das cales se xeraban unhas plusvalías cuxa contía debía ser distribuída equitativamente entre as partes, fixeron posible que o propio Concello obtivese, en compensación polas súas plusvalías, un conxunto de propiedades, do propio Ministerio, declaradas sen interese militar, de valor equivalente, destinadas pola súa vez a equipamento público comunitario e social.

Pola súa banda o Ministerio de Defensa patrimonializaba uns aproveitamentos urbanísticos de uso residencial e terciario comercial, para a súa introdución no mercado.

Este Convenio foi aprobado por Resolución da Secretaría de Estado de Defensa de data 13 de decembro de 2007.

Con todo, este acordo por diferentes circunstancias técnicas e urbanísticas, non imputables ás partes, non se puido levar a efecto na súa totalidade, nin nos termos pactados nin nos prazos estipulados nel.

Por todo iso, e dado o interese mostrado ultimamente polo Concello de Ferrol en adquirir adicionalmente dúas novas propiedades do Estado Ramo de Defensa, na actualidade sen interese militar coñecidas como Observatorio de Monteventoso e Estación Radio El Molino, ambas as administracións de común acordo conviñeron, en aplicación da Estipulación Cuarta do citado Convenio do 13 de decembro de 2007 a resolución deste, co obxecto de elaborar outro máis acorde coas novas condicións e necesidades de carácter urbanístico tanto do Concello como do Ministerio de Defensa, permitindo deste xeito que o Concello sexa o titular de determinadas propiedades que pola súa localización teñen un importante valor paisaxístico, ambiental e de mellora e desenvolvemento para a cidade mediante a xestión do seu patrimonio municipal do solo.

Por tanto, o presente convenio atopa a súa xustificación na necesidade de viabilizar os obxectivos subscritos nos convenios de 2004 e de 2007, ampliándoos e volvendo equilibrar as prestacións e contraprestacións daqueles que foron alterados polas determinacións urbanísticas e pola ampliación do obxecto, ao introducir dúas novas propiedades do Ministerio de Defensa, non consideradas no covenio anterior, o que fai imposible o cumprimento daquel nos seus propios termos.

Segundo. Finalidade do convenio

Dentro do marco de colaboración que preside as relacións do Ministerio de Defensa coas administracións públicas e, de modo concreto, coa Administración local, formalízase o presente acordo, cuxos obxectivos fundamentais son:

– Por parte do Ministerio de Defensa, a obtención dos recursos económicos precisos que permitan o financiamento dos plans de investimento das Forzas Armadas.

– Por parte do Concello de Ferrol, obtención de chan con destino a uso dotacional de carácter público.

Terceiro. Propiedades obxecto do convenio

O Estado Ministerio é titular de pleno dominio dos bens inmobles que a continuación se describen:

a. Acuartelamento Sánchez Aguilera.

Ámbito no que se inclúen:

– Cuartel Sánchez Aguilera, inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol como: predio núm. 21.952 ao tomo 852, libro 216, folio 121, inscrición 1ª, de 6.038 m2 de superficie.

– Acuartelamento de Infantería Mérida 44, conformada por vinte e dous predios rexistrais que totalizan unha superficie de 50.021,02 m2 e rexistradas no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 8.759 ao tomo 625, libro 114, folio 84, inscrición 1ª, de 100,8 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.365 ao tomo 579, libro 99, folio 200 vta., inscrición 4ª, de 4.847,10 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.760 ao tomo 625, libro 114, folio 85, inscrición 1ª, de 8,21 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.758 ao tomo 625, libro 114, folio 83, inscrición 1ª de 111,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.755 ao tomo 625, libro 114, folio 80, inscrición 1ª de 108,45 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.757 ao tomo 625, libro 114, folio 82, inscrición 1ª, de 1.459,20 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.756 ao tomo 625, libro 114, folio 81, inscrición 1ª de 13.899,50 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.659 ao tomo 623, libro 113, folio 10 vta., inscrición 2ª de 4.835,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 3.583 ao tomo 350, libro 49, folio 115 vta., inscrición 5ª, de 2.833,13 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.747 ao tomo 625, libro 114, folio 54 vta., inscrición 2ª de 3.918,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.745 ao tomo 625, libro 114, folio 47, inscrición 3ª de 2.612,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 5.149 ao tomo 543, libro 92, folio 245, inscrición 8ª, de 3.416,5 m2 de superficie.

– Predio núm. 5.096 ao tomo 540, libro 91, folio 41 vta., inscrición 4ª, de 1.601,6 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.689 ao tomo 623, libro 113, folio 133, inscrición 3ª, de 896,20 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.742 ao tomo 625, libro 114, folio 35, inscrición 2ª, de 1.625,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.656 ao tomo 621, libro 112, folio 228, inscrición 2ª, de 2.643,03 m2 de superficie.

– Predio núm. 3.601 ao tomo 350, libro 49, folio 244 vta., inscrición 6ª, de 1.953,10 m2 de superficie.

– Predio núm. 8.688 ao tomo 623, libro 113, folio 130 vta., inscrición 2ª, de 2.205,00 m2 de superficie.

– Predio núm. 45 ao tomo 2, libro 1, folio 135 vta., inscrición 4ª, de 948,20 m2 de superficie.

– Cuartel Elorza (Rexemento Mixto de Artillería Núm. 2), inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol como: predio núm. 15.971 ao tomo 770, libro 156, folio 210, inscrición 1ª, de 14.337 m2 de superficie.

– Parque de Enxeñeiros, inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol como: predio núm. 15.967 ao tomo 770, libro 156, folio 206, inscrición 1ª, de 7.735 m2 de superficie.

– Pista de Aplicación, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como: predio núm. 21.951 ao tomo 852, libro 216, folio 119, inscrición 1ª, de 9.992 m2 de superficie.

– 1.723 m2 aproximadamente da Residencia de Oficiais, pertencentes aos predios rexistrais núms. 15.970 e 19.570.

Resultando unha superficie de solo de 89.846,02 m2 correspondentes ás propiedades que son obxecto do presente convenio, dentro do ámbito do PERI 2-R.

O valor del conxunto destas propiedades, coa consideración de uso militar, é de 10.735.812,68 €.

A superficie total das propiedades descritas no Expoñen Terceiro son aquelas cuxa titularidade mantén o Ministerio de Defensa, así como as que son obxecto deste convenio indicadas anteriormente e que constitúen a totalidade do ámbito urbanístico do PERI 2-R é de 101.093,02 m2.

A propiedade aparece grafada no anexo 1.

b. Cuarteliño da Mariñeiría do Cuartel Xeral da Zona Marítima do Cantábrico.

Propiedade de 1.644 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 3.861 ao tomo 387, libro 57, folio 143, inscrición 8ª, de 1.564 m2 de superficie.

– Predio núm. 10.358 ao tomo 732, libro 150, folio 132, inscrición 2ª, de 80 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames. Afectado por unha servidume de vistas ao predio da Capela de San Roque.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 15 de marzo de 2002.

O valor da propiedade, coa consideración de uso militar, é de 320.109,00 €.

A propiedade aparece grafiada no anexo II.

c. Polvorín de Mouga.

Propiedade de 210.877 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 18.477, ao tomo 764, libro 168, folio 164, inscrición 1ª, de 68.447 m2 de superficie.

– Predio núm. 37.009, ao tomo 1.234, libro 422, folio 88, inscrición 1ª, de 68.556 m2 de superficie.

– Predio núm 64.656, ao tomo 2.177, libro 884, folio 53, inscrición 1ª, de 73.874 m2 de superficie.

Con data do 19 de xuño de 2006 o Concello de Ferrol, que exercía a posesión desta propiedade para o efecto de mantemento, conservación e custodia en virtude da Estipulación Terceira do Convenio asinado o 31 de marzo de 2004, comunicou á extinta GIED a existencia dunha ocupación ilegal no interior desta propiedade. Esta ocupación realizouse con posterioridade á cesión de uso outorgada ao Concello pola estipulación mencionada. O Concello de Ferrol coñece a existencia da devandita ocupación e asume as súas consecuencias, sen que iso afecte as determinacións do presente convenio. Igualmente signifícase que esta propiedade se atopa nun proceso de regularización catastral ante a Dirección Xeral do Catastro, sen que iso afecte as determinacións do presente convenio.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 28 de decembro de 1993.

O valor desta propiedade é de 844.908,50 €.

A propiedade aparece grafiada no anexo III.

d. Expolígono de Tiro de Catabois.

Propiedad inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 13.815, ao tomo 611, libro 140, folio 67, inscrición 1ª, de 15.980 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 9 de xaneiro de 2002.

O valor desta propiedade é de 258.402,99 €.

A propiedade aparece grafiada no anexo IV.

e. Parcelas A e B en Canido, do Cuarteliño de San Luis.

Propiedade de 4.027 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 37.004, ao tomo 1.234, libro 422, folio 77, inscrición 1ª, de 1.522 m2 de superficie.

– Predio núm. 36.299, ao tomo 1.208, libro 409, folio 19, inscrición 1ª, de 2.505 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 5 de decembro de 1985.

O valor destas propiedades é de 123.077 €.

A propiedade aparece grafada no anexo V.

f. Campamento de Cobas.

Propiedade de 487.798,63 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 15.635, ao tomo 761, libro 153, folios 142 al 157, inscrición 1ª, de 457.172,42 m2 de superficie.

– Predio núm. 15.787, ao tomo 768, libro 155, folio 53, inscrición 1ª, de 1.860 m2 de superficie.

– Predios núms. 17.997 a 18.000, ao tomo 470, libro 185, folios 247 a 250, inscrición 1ª, de 8.771,21 m2, de superficie.

– Predios núms. 18.001 a 18.022, ao tomo 742, libro 186, folios 1 a 22, inscrición 1ª, de 19.995,02 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 9 de xaneiro de 2002.

Por Resolución do 17 de marzo de 2004, a Dirección Xeral de Xestión de Dominio Público Marítimo-Terrestre, declara innecesaria a incorporación ao dominio público marítimo-terrestre, da parte do inmoble non incluída no dominio público marítimo-terrestre, segundo deslindamento aprobado por Orde ministerial do 17 de marzo de 2004. Na citada resolución indícase que o citado inmoble, na parte correspondente, está suxeito a todas as limitacións derivadas da súa localización como servidume de protección, reguladas no artigo 25 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no artigo 45 do Regulamento para o seu desenvolvemento e execución.

O valor desta propiedade é de 1.045.558,05 €.

A propiedade aparece grafada no anexo VI.

g. Cuarteliño de Monte Cobas.

Propiedade inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 18.452, ao tomo 764, libro 188, folio 100, inscrición 1ª, de 6.694 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 2 de outubro de 1990.

O valor desta propiedade é de 21.755,50 €.

A propiedade aparece grafiada no anexo VII.

h. Polígono de Tiro de Doniños.

Propiedade inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 65.785, ao tomo 2.277, libro 926, folio 107, inscrición 1ª, de 86.583 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 9 de xaneiro de 2002.

Segundo Certificación da Demarcación de Costas de Galicia, do 11 de abril de 2003, a superficie do predio, xa descontada a zona de dominio público marítimo-terrestre, é de 86.583 m2, onde a franxa que se atopa afectada polo dominio público marítimo-terrestre mide aproximadamente 24.209 m2, non invade estes terreos de dominio público. Con todo, para os efectos da disposición transitoria décimo terceira, 5º, do Regulamento de costas, faise constar que, dado que parte está delimitada como zona de servidume de tránsito e protección do dominio público marítimo-terrestre, esta atópase sometida ás limitacións establecidas na Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas. Así mesmo, o seu lindero norte, definido como a estrada que conduce á praia de Doniños constitúese como unha servidume de acceso ao mar nos termos do artigo 28 da Lei de costas.

A Dirección Xeral de Costas do entón Ministerio de Medio Ambiente comunicou, en relación coa parte da propiedade afectada pola protección do dominio público marítimo-terrestre que non presentaba obxección ao desenvolvemento dos convenios subscritos con anterioridade sempre que calquera actividade para realizar nesta propiedade conte co seu informe favorable.

Condición que acepta o Concello de Ferrol.

Referente ás edificacións que se atopan ocupando, parcial ou totalmente, terreos incluídos na Zona de Dominio Público Marítimo Terrestre, ou na súa Zona de Protección, o Concello de Ferrol establecerá acordos para a súa xestión coa Dirección Xeral de Costas, coa finalidade de resolver esas incidencias.

O valor desta propiedade é de 516.532,00 €.

A propiedade aparece grafiada no anexo VIII.

i. Estación Torpedista de la Armada.

Propiedade inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como:

– Predio núm. 8.681, ao tomo 623, libro 113, folio 110, inscrición 1ª, de 20.261 m2 de superficie.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data 9 de xaneiro de 2002.

Da superficie indicada de 20.261 m2, 342 m2 atópanse incluídos en Zona de Dominio Público Marítimo-Terrestre, polo que a superficie para allear é de 19.919 m2.

Por Resolución da Dirección Xeral de Costas, Subdirección Xeral de Xestión de Dominio Público Marítimo-Terrestre, do 18 de decembro de 2000, declárase non necesaria a incorporación ao dominio público marítimo-terrestre deste inmoble, excepto o tramo delimitado polos vértices 119 e 123 do deslinde provisional, correspondente a un peirao embarcadoiro que queda dentro do dominio público marítimo-terrestre.

O valor desta propiedade é de 79.676,00 €.

A propiedade aparece grafada no anexo IX.

j. Observatorio Meteorolóxico de Monteventoso.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio nº 14.168 inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, ao tomo 628, libro 145, folio 12. Con 117.070 m2.

Libre de cargas e gravames.

Desafectada por Resolución del ministro de Defensa con data do 19 de febreiro de 1999.

O valor desta propiedade é de 384.347,50 €.

A propiedade aparece grafada como anexo X.

k. Estación Radio El Molino.

Propiedade de 125.338 m2, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, como:

– Predio rexistral nº 15.732, ao tomo 766, libro 154, folio 189, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.441 m2.

– Predio rexistral nº 15.333, ao tomo 766, libro 154, folio 191, inscrición 1ª, cunha superficie de 175 m2.

– Predio rexistral nº 15.734, ao tomo 766, libro 154, folio 192, inscripción 1ª, cunha superficie de 1.575 m2.

– Predio rexistral nº 15.735, ao tomo 766, libro 154, folio 194, inscrición 1ª, cunha superficie de 460 m2.

– Predio rexistral nº 5.736, ao tomo 766, libro 154, folio 195, inscrición 1ª, cunha superficie de 4.034 m2.

– Predio rexistral nº 15.737, ao tomo 766, libro 154, folio 196, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.151 m2.

– Predio rexistral nº 15.738, ao tomo 766, libro 154, folio 197, inscripción 1ª, cunha superficie de 2.036 m2.

– Predio rexistral nº 15.739, ao tomo 766, libro 154, folio 198, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.203 m2.

– Predio rexistral nº 15.740, ao tomo 766, libro 154, folio 199, inscrición 1ª, cunha superficie de 786 m2.

– Predio rexistral nº 15.741, ao tomo 766, libro 154, folio 200, inscrición 1ª, cunha superficie de 2.173 m2.

– Predio rexistral nº 15.742, ao tomo 766, libro 154, folio 202, inscrición 1ª, cunha superficie de 61.580 m2.

– Predio rexistral nº 15.764, ao tomo 769, libro 138, folio 235, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.390 m2.

– Predio rexistral nº 15.806, ao tomo 768, libro 155, folio 108, inscrición 1ª, cunha superficie de 18.248 m2.

– Predio rexistral nº 15.827, ao tomo 768, libro 155, folio 161, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.437 m2.

– Predio rexistral nº 15.828, ao tomo 768, libro 155, folio 163, inscrición 1ª, cunha superficie de 786 m2.

– Predio rexistral nº 15.829, ao tomo 768, libro 155, folio 164, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.029 m2.

– Predio rexistral nº 15.830, ao tomo 768, libro 155, folio 165, inscrición 1ª, cunha superficie de 742 m2.

– Predio rexistral nº 15.831, ao tomo 768, libro 155, folio 166, inscrición 1ª, cunha superficie de 9.448 m2.

– Predio rexistral nº 15.832, ao tomo 768, libro 155, folio 168, inscrición 1ª, cunha superficie de 384 m2.

– Predio rexistral nº 15.833, ao tomo 768, libro 155, folio 169, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.040 m2.

– Predio rexistral nº 16.116, ao tomo 773, libro 158, folio 24, inscrición 1ª, cunha superficie de 2.140 m2.

– Predio rexistral nº 16.117, ao tomo 773, libro 158, folio 25, inscrición 1ª, cunha superficie de 742 m2.

– Predio rexistral nº 16.118, ao tomo 773, libro 158, folio 26, inscrición 1ª, unha superficie de 1.037 m2.

– Predio rexistral nº 16.119, ao tomo 773, libro 158, folio 27, inscrición 1ª, cunha superficie de 805 m2.

– Predio rexistral nº 16.120, ao tomo 773, libro 158, folio 28, inscrición 1ª, cunha superficie de 3.547 m2.

– Predio rexistral nº 16.121, ao tomo 773, libro 158, folio 29, inscrición 1ª, cunha superficie de 3.688 m2.

– Predio rexistral nº 16.122, ao tomo 773, libro 158, folio 30, inscrición 1ª, cunha superficie de 441 m2.

– Predio rexistral nº 16.123, ao tomo 773, libro 158, folio 31, inscrición 1ª, cunha superficie de 1.588 m2.

– Predio rexistral nº 16.124, ao tomo 773, libro 158, folio 32, inscrición 1ª, cunha superficie de 509 m2.

– Predio rexistral nº 16.125, ao tomo 773, libro 158, folio 33, inscrición 1ª, cunha superficie de 509 m2.

Dentro da propiedade, aínda que excluído do valado perimetral, atópase unha caseta cun transformador de Fenosa que dá, na actualidade, servizo a propiedades lindeiras e que as partes aceptan coñecer e asumir a súa existencia e situación contractual.

Desafectada por Resolución do ministro de Defensa con data do 7 de xaneiro de 2014.

O valor desta propiedade é de 556.928,38 €.

A propiedade aparece grafada como anexo XI.

As partes comparecentes, na representación que teñen e no exercicio das competencias que lle son concedidas pola lexislación vixente, acordan subscribir o presente convenio de acordo coas seguintes

ESTIPULACIÓNS:

Primeira. Obxecto do presente convenio

Tendo presente o expresado no Expoñen Segundo, o Ministerio de Defensa, a través do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, transmitirá ao Concello de Ferrol, o pleno dominio dos bens inmobles citados no Expoñen Terceiro, puntos c, d, e, f, g, h, i, j e k, como corpo certo, no estado físico e xurídico en que se atopan, e que este coñece e acepta. A transmisión non poderá producirse, ata que se cumpran as contraprestacións establecidas na seguinte Estipulación. O outorgamento da escritura pública de compravenda deberá producirse nun prazo de tres meses contados desde a data da aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do PERI-2-R Sánchez Aguilera.

Doutra banda, permanecen afectados á Defensa Nacional e, por tanto, non son obxecto do presente convenio, o Baluarte do Príncipe e unha parte de 4.997 m2 aproximadamente da Residencia de Oficiais, de acordo coa seguinte descrición rexistral:

– Baluarte do Príncipe: predio 15.972 ao tomo 770, libro 156, folio 211, inscrición 1ª, de 6.250 m de superficie.

– 4.997 m2 aproximadamente da Residencia de Oficiais: integrada nos predios 15.970, inscrita ao tomo 770, libro 156, folio 209, inscrición 1ª de 6.120 m2 y 19.570, inscrita ao tomo 820, libro 190, folio 104, inscrición 2ª de 600 m2 de superficie.

A transmisión ao Concello do Ferrol por parte do Ministerio de Defensa, a que se refire a presente Estipulación, realízase de conformidade co estipulado no artigo 38 do Real decreto 1286/2010, do 15 de outubro, polo que se aproba o Estatuto do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa e o artigo 137.4.a) da Lei 3/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

Segunda. Contraprestacións

En contraprestación á transmisión polo Ministerio de Defensa, Instituto de Vivenda Infraestrutura e Equipamento da Defensa (Invied) do pleno dominio dos bens referenciados na estipulación anterior, o Concello de Ferrol redactará, tramitará e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias ata a súa aprobación definitiva do Plan de desenvolvemento do PERI 2-R correspondente ao ámbito do Cuartel Sánchez Aguilera, incluído o correspondente proxecto de reparcelación ou compensación, no prazo máximo de 12 meses contados a partir da sinatura do presente convenio. O citado PERI 2-R conterá as determinacións necesarias para o desenvolvemento do plan correspondente, de acordo coa súa natureza e finalidade, debidamente xustificada e desenvolvida nos estudos, plans e normas correspondentes de acordo co establecido na lexislación.

Así mesmo, o Concello de Ferrol asumiu a obrigación de redactar e tramitar ata a súa aprobación definitiva, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para o Cuarteliño de Mariñeiría (condición cumprida, tras a publicación no BOP do 25 de outubro de 2010, da aprobación definitiva do 8 de outubro de 2010 da devandita modificación).

Adicionalmente e co obxecto de equilibrar as prestacións e contraprestacións das partes, o Concello de Ferrol deberá aboar en metálico, a cantidade de cincocentos sesenta mil cento trinta e un euros con setenta e seis céntimos (560.131,33 €). O pagamento desta cantidade realizarase da forma seguinte:

– Á formalización do presente convenio, a cantidade de cento corenta mil trinta e dous euros con oitenta e tres céntimos (140.032,83 €), é dicir, o 25 % do aboamento en metálico indicado anteriormente, que inclúe o 5 % de garantía que exixe o artigo 137.6 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

– O resto, é dicir, a cantidade de catrocentos vinte mil noventa e oito euros con cincuenta céntimos (420.098,50 €), á sinatura da escritura pública de compravenda, a formalizar dentro do prazo sinalado na estipulación anterior.

Por tanto, como resultado das devanditas actuacións urbanísticas o Ministerio de Defensa a través do Invied, patrimonializará os seguintes aproveitamentos, incluída a plusvalía que se obtén pola recualificación destes:

a. No ámbito do Acuartelamento Sánchez Aguilera (anexo I).

A totalidade dos aproveitamentos, de calquera tipo, definidos no proxecto de reparcelación do PERI-2-R. É dicir, o Concello de Ferrol entregará os dereitos de natureza patrimonial susceptibles de aproveitamento lucrativo que lle corresponden no devandito proxecto.

Este proxecto, tras a súa aprobación inicial, descríbese, dividido nos seguintes rueiros:

Rueiro Rl.

Rl0l de 1.560 m2 solo e de 5.400 m2c de vivenda libre e 1.200 m2 de comercial planta baixa.

Rueiro R2.

R20l de 486 m solo de 2.673 m2c de vivenda protexida e 486 m2c de comercial en planta baixa.

R202 de 528 m2 solo de 2.904 m2c de vivenda protegida e 528 m2c de comercial en planta baixa.

R203 de 486 m2 suelo de 2.673 m2c de vivienda protexida e 486 m2c de comercial en planta baixa.

Rueiro R3.

R30l de 560,10 m2 solo e de 3.080,86 m2c de vivenda libre e 560,10 m2 de comercial planta baixa.

R302 de 1.959,90 m2 solo e de 8.469,14 m2c de vivenda libre e 1.539,90 m2 de comercial planta baixa.

Rueiro.

R401 de 1.196 m2 solo de 4.500 m2c de vivenda protexida e 600 m2c de comercial en planta baixa.

Rueiro T1.

T101 de 8.243 m2 solo de 24.308 m2c de comercial en edificio exclusivo.

A valoración dos terreos achegados polo Ministerio de Defensa ao PERI 2-R Sánchez Aguilera é de 17.236.591,39 € incluíndo o aproveitamento municipal que lle corresponde por lei e que entrega, na súa totalidade, ao Ministerio de Defensa.

b. No ámbito do Cuartel de Mariñeiría (anexo II).

Tras a aprobación definitiva da modificación do PXOM de Ferrol, do 8 de outubro de 2010, quedan fixados os seguintes parámetros:

– Superficie do ámbito: 1.644 m2.

– Superficie edificable máxima: 2.466 m2.

– Aproveitamento: 1,5 m2t/m2s.

– Espazos libres: 598 m2.

– Equipamento público: 246,67 m2.

– Prazas de aparcamento público: 12 prazas.

– Prazas de aparcamento privado: 37 prazas.

– Reserva de chan para vivenda de protección: 396 m2.

A súa valoración é de 361.439,46 €.

Terceira. Entrega da posesión

Á sinatura do presente convenio, o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa entrega ao Concello de Ferrol a posesión dos inmobles j e k do Expoñen Terceiro obxecto do presente convenio, así como continuará coa posesión do resto de inmobles incluídos nos dous convenios anteriores para os efectos do seu mantemento, conservación e custodia, podendo o citado concello levar a cabo as obras que precise, logo de aceptación por parte deste organismo.

Pola súa banda, o Concello de Ferrol asumirá a responsabilidade fronte a danos, propios ou de terceiros, que teñan orixe no estado ou utilización, consentida ou non consentida, así como todos os gastos, taxas e impostos que graven estas a partir da sinatura do presente convenio.

En especial, desde a sinatura deste convenio, o Concello de Ferrol farase cargo dos recibos correspondentes ao pagamento do imposto de bens inmobles e taxas de lixo de todas as propiedades entregadas.

Esta condición mantense para a propiedade Acuartelamento Sánchez Aguilera, mentres non se aprobe definitivamente o proxecto de reparcelación e o Concello siga facendo uso das súas instalacións.

Por último, o Concello de Ferrol acepta e asume na súa totalidade as responsabilidades que se deriven da actual situación das propiedades cuxa posesión foi entregada para o seu mantemento, conservación e custodia nos anteriores convenios e no actual, así como o cumprimento da normativa aplicable e a totalidade dos gastos que se deriven do desaloxo de terceiros ocupantes, da lexislación ambiental, da restauración dos terreos ao seu estado orixinal ou calquera outro que teña a súa orixe nas devanditas circunstancias.

Cuarta. Gastos

Todos os tributos, aranceis e gastos, así como os derivados do outorgamento da escritura pública serán satisfeitos conforme a lei.

Quinta. Causas de resolución

As causas de resolución do presente convenio serán as seguintes:

– O mutuo acordo expreso das partes nos seus previos termos.

– Por denuncia, de calquera das partes, motivada polo incumprimento ou de concorrencia de irregularidades graves na execución do convenio pola outra parte. Será causa específica de resolución a non aprobación definitiva do PERI 2-R e o correspondente proxecto de reparcelación no ámbito do Cuartel Sánchez Aguilera no prazo de 12 meses establecido na Estipulación segunda.

– A imposibilidade sobrevinda de cumprir a finalidade do convenio.

– Calquera outra establecida na lexislación vixente.

– A non elevación a escritura pública do presente convenio. Con independencia das consecuencias xurídicas derivadas diso, as obras e construcións que non poidan retirarse da propiedade, sen desmellorar esta, acrecerán ao ben inmoble, en beneficio do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, sen custo algún para este.

Sexta. Cumprimento do presente convenio

Sen prexuízo da natureza xurídico-administrativa do presente convenio e da submisión deste, polo que respecta ao seu cumprimento á orde xurisdicional contencioso-administrativa, o incumprimento de calquera das obrigacións derivadas deste por algunha das partes asinantes, facultará a outra a exixir os efectos previstos na lexislación vixente.

Sétima. Plusvalías

Se, con posterioridade á sinatura deste convenio, se producise algunha modificación da clasificación e/ou cualificación dos terreos para transmitir, citados no Expoñen Terceiro, letras c, d, e, f, g, h, i, j e k, e iso xerase algún tipo de plusvalías, estas serán participadas polo Instituto da Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, ou organismo que puidese sucederlle, nunha porcentaxe do 50 % do seu valor neto.

Con todo, transcorridos cinco anos desde a data de transmisión das propiedades descritas nas letras c a i, e dez anos para as descritas no punto j e k, o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa, ou organismo que puidese sucederlle, non poderá participar en plusvalía ningunha, xa que estas se considerarán xeradas integramente pola actuación urbanística municipal.

Oitava. Outros compromisos

Tal e como se recollía no Convenio do 18 de setembro de 2007 substituído polo presente documento, faise constar que o ministro de Defensa, con data 16 de abril de 2004, concedeu ao Concello de Ferrol o uso do dominio público da propiedade denominada Paseo de Irmandiños e da Circunvalación do Arsenal Militar, por un período de tempo de 75 anos. Mantense vixente a condición de que os proxectos de obras que se van realizar sobre os terreos obxecto da concesión deberán contar coa aprobación expresa do Ministerio de Defensa.

Que con obxecto de favorecer a integración na trama urbana da cidade da propiedade denominada Baluarte do Príncipe, o predio rexistral, actualmente ocupado pola Residencia de Oficiais, quedará reducido na súa superficie a unha parcela de 4.997 m2 aproximadamente, que se reserva o Ministerio de Defensa e sobre o cal se construíu un aparcadoiro subterráneo con capacidade aproximada de 60 prazas, ao dispor dos usuarios da Residencia de Oficiais.

Novena. Resolución do convenio do 18 de setembro de 2007

As partes intervenientes de mutuo acordo resolven o anterior convenio con data do 18 de setembro de 2007.

Décima. Eficacia e validez

A validez e plena eficacia do presente convenio queda supeditada á súa aprobación polo secretario de Estado de Defensa, competencia delegada polo ministro de Defensa en Orde DEF/2424/2004, do 20 de xullo (BOE nº 175, do 21 de xullo).

Lido o presente documento por ambas as partes, atópano conforme e, en proba diso, asínano por duplicado exemplar e para un só efecto, no lugar e data ao principio consignados».

Os anexos poden consultarse no enlace:

https://www.ferrol.gal/arquivos/descargas/PLANOS-DEFENSA.zip

Ferrol, 19 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 19.6.2023; BOP do 27 de xuño)
Blanca García Olivares
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Accesibilidade, Vivenda e Rehabilitación