DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63192

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a implantación de novas edificacións para executar na rúa camiño da Insua, 40 e 42.

Visto que por iniciativa privada se solicitou, para os efectos de concretar a ordenación detallada en solo urbano, a aprobación do seguinte estudo de detalle que afecta os inmobles coas seguintes referencias catastrais:

Identificación catastral

9560215MH9896S0001DB

9560218MH9896S0001JB

9560214MH9896S0001RB

9560206MH9896S0001TB

9560216MH9896S0001XB

9560219MH9896S0000WL

9560220MH9896S0000UL

15041A001001580000FG

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contando desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o período de información pública, o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello: sede.laxe.es

A aprobación inicial do estudo de detalle implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Laxe, 15 de maio de 2023

José Luis Pérez Añón
Alcalde