DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63111

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (difracción raios X), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de maio de 2023 (DOG do 31 de maio) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (difracción raios X), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de setembro de 2023 (DOG do 19 de setembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 19 de decembro de 2023, ás 10.00 horas, na sala de videoconferencias do Edificio Cactus (rúa Constantino Candeira, 1, Campus Sur, Santiago de Compostela). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuara o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web mencionada no punto anterior, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela