DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63109

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado mediante a Resolución do 16 de xuño de 2023, da Universidade da Coruña, (DOG do 29 de xuño), pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de unha praza mediante o sistema de libre designación,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

759

Vicexerencia de Economía
e Finanzas

Xerencia

Lozano del Río, Ana

***8934*79 A2060

*O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal

O cesamento no destino actual do/da funcionario/a que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que o/a adxudicatario/a obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de novembro de 2023

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña