DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62814

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

INSTRUCIÓN 1/2023, do 2 de novembro, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se modifica a Instrución 2/2020, do 26 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre a tramitación administrativa de modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión de transporte, distribución ou instalacións de conexión de xeradores.

A Instrución 2/2020, do 26 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre a tramitación administrativa de modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión de transporte, distribución ou instalacións de conexión de xeradores (DOG núm. 193, do 23 de setembro), estableceu que, dado que a normativa en relación coas modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión é demasiado xenérica e non inclúe todos os casos, faise necesario especificar con máis detalle os tipos de actuacións concretas que desde o punto de vista técnico se poden considerar non substanciais ou non modificacións e evitar trámites innecesarios no procedemento.

O Real decreto lei 17/2022, do 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e se reduce temporalmente o tipo do imposto sobre o valor engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles, modificou o artigo 115 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica a que se fai referencia na Instrución 2/2020.

Ditáronse catro instrucións coa finalidade de unificar criterios e simplificar a tramitación administrativa das modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión.

No anexo da instrución relaciónanse unha serie de actuacións tipo nas cales se aclara cal sería a súa consideración para os efectos da súa tramitación administrativa. O punto 8 deste anexo establece que, no caso de liñas eléctricas de alta tensión aéreas, a instalación ou o cambio de regulador de tensión, interruptor telecontrolado, reconectador, seccionador, autoseccionador, SX e SXC, se consideran modificación non substancial (MNS), agás no caso de que se substitúa un elemento por outro de iguais características, caso en que se considerará non modificación (NM).

As ditas actuacións están relacionadas coa automatización e non implican unha modificación das características técnicas dos elementos esenciais, polo que cómpre modificar a Instrución 2/2020, do 26 de agosto de 2020, considerando as ditas actuacións como non modificación (NM).

A Comunidade Autónoma galega, de acordo co establecido no artigo 27.13 do seu Estatuto de autonomía, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, ten atribuída a competencia exclusiva no relativo a instalacións de produción, distribución e transporte de enerxía eléctrica cando este transporte non saia do seu territorio e o seu aproveitamento non afecte outra comunidade autónoma, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.22 e 25 da Constitución.

A persoa titular da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para ditar a presente instrución con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Polo exposto, modifícase a Instrución 2/2020, do 26 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre a tramitación administrativa de modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión de transporte, distribución ou instalacións de conexión de xeradores:

1. Modifícase o segundo parágrafo do preámbulo:

O segundo parágrafo do preámbulo queda redactado como segue:

Recentemente publicouse o Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, que modifica, entre outras cousas, o artigo 115 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. O dito artigo foi posteriormente modificado polo Real decreto lei 17/2022, do 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da enerxía, na aplicación do réxime retributivo ás instalacións de coxeración e se reduce temporalmente o tipo do imposto sobre o valor engadido aplicable ás entregas, importacións e adquisicións intracomunitarias de determinados combustibles. No seu número 3 regúlanse expresamente algunhas modificacións non substanciais:

«3. Para os efectos do establecido no artigo 53.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, considéranse modificacións non substanciais, e deberán unicamente obter a autorización de explotación, logo de acreditación do cumprimento das condicións de seguridade das instalacións e do equipo asociado, as que cumpran as seguintes características:

a) Que non se encontren dentro do ámbito de aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

b) Que non supoñan unha alteración das características técnicas básicas (potencia, capacidade de transformación ou de transporte, etc.) superior ao 10 por cento da potencia da instalación.

c) Que non supoñan alteracións da seguridade tanto da instalación principal como das súas instalacións auxiliares en servizo.

d) Que non se requira declaración, en concreto, de utilidade pública para realizar as modificacións previstas.

e) As modificacións de liñas que non provoquen cambios de servidume sobre o trazado.

f) As modificacións de liñas que, aínda provocando cambios de servidume sen modificación do trazado, se realizasen de mutuo acordo cos afectados, segundo o establecido no artigo 151 deste real decreto.

g) As modificacións de liñas que impliquen a substitución de apoios ou condutores por deterioración ou rotura, sempre que se manteñan as condicións do proxecto orixinal.

h) A modificación da configuración dunha subestación, sempre que non se produza variación no número de rúas nin no de posicións.

i) No caso de instalacións de transporte ou distribución que non impliquen cambios retributivos».

2. Engádese unha nova instrución:

«Quinta. Elementos de fiabilidade en liñas eléctricas de alta tensión aéreas

No caso de liñas eléctricas de alta tensión aéreas, instalación ou cambio por outro de distintas características de reguladores de tensión, interruptores telecontrolados, reconectadores, seccionadores, autoseccionadores SX e SXC (Orde 8 do anexo I), deberase achegar a seguinte documentación xunto coa comunicación:

a) Listaxe das actuacións, en que se faga constar para cada unha delas:

a. Identificación do número de expediente da instalación existente sobre a cal se realiza a actuación, denominación e nivel de tensión.

b. Localización concreta referenciada mediante coordenadas xeográficas, con indicación expresa do concello.

c. Orzamento.

b) Características técnicas xerais.

c) Normativa de aplicación.

d) Certificado do director de obra para cada actuación, en que se indique que esta cumpre co establecido regulamentariamente.

A comunicación e a memoria poderán ser únicas para un conxunto de actuacións.

3. Modifícase o anexo I e substitúese polo incluído nesta instrución.

Esta instrución modifica a Instrución 2/2020, do 26 de agosto, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre a tramitación administrativa de modificacións de instalacións eléctricas de alta tensión de transporte, distribución ou instalacións de conexión de xeradores.

Esta instrución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO I

Actuacións detalladas

Orde

Tipo

Subtipo

Código

Actuación

Proposta

Aclaración

1

1. LAT aérea

11. Nova

1.1.1

Tendido 2º circuíto en liña simple circuíto preparada para dobre circuíto

MS/MNS

MNS: se a liña de dobre circuíto xa dispón de AAP e AAC

2

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.1

Cambio de condutores

MNS/NM

NM: se non se cambia a sección

3

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.2

Adecuación de posta a terra (PAT apoios e liñas de terra aéreas)

NM

4

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.3

Adecuación, cambio ou recrecemento de apoios

MNS/NM

MNS: se hai cambio de tipoloxía construtiva dos apoios

5

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.4

Cambio de crucetas e elementos auxiliares

NM

6

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.5

Cambio de illamento

NM

7

1. LAT aérea

12. Existente

1.2.6

Instalación de fibra óptica

NM

8

1. LAT aérea

13. Elementos fiabilidade

1.3.1

Instalación/Cambio: regulador de tensión, interruptor telecontrolado, reconectador, seccionador, autoseccionador, SX e SXC

NM

9

2. LAT subterránea

21. Nova

2.1.1

Tendido 2º e 3º circuíto en liña simple circuíto preparada para dobre/triplo circuíto

MS/MNS

MNS: se a liña de dobre/triplo circuíto xa dispón de AAP e AAC

10

2. LAT subterránea

21. Nova

2.1.2

Tendido circuíto subterráneo en gabia/canalización/galería existente

MS/MNS

MNS: se a canalización xa dispón de AAP e AAC

11

2. LAT subterránea

22. Existente

2.2.1

Instalación de fibra óptica

NM

12

2. LAT subterránea

22. Existente

2.2.2

Adecuación posta á terra (pantallas cables subterráneos-cámaras de empalmes)

NM

13

3. CT

32. Existente

3.2.1

Cambio de trafo sen modificación de potencia

NM

14

3. CT

32. Existente

3.2.2

Cambio de trafo con diminución de potencia

MNS

15

3. CT

32. Existente

3.2.3

Cambio de trafo con aumento de potencia

MS/MNS

MNS: se a nova potencia xa dispón de AAP e AAC

16

3. CT

32. Existente

3.2.4

Instalación de máquinas adicionais

MS/MNS

MNS: se xa dispoñen de AAP e AAC

17

3. CT

32. Existente

3.2.5

Cambio de plataforma en CT/CR/CS

MNS/NM

NM: se non hai cambio das características da plataforma

18

3. CT

32. Existente

3.2.6

Ampliación/Cambio de celas

MNS/NM

NM: se o cambio das celas é a substitución por outras de iguais características

19

3. CT

32. Existente

3.2.7

Ampliación/Cambio de cadros de baixa tensión

NM

20

3. CT

32. Existente

3.2.8

Melloras diversas

NM

21

4. SE

42. Existente

4.2.1

Nova posición con interruptor

MS

22

4. SE

42. Existente

4.2.2

Instalación/Cambio de interruptor en posición existente

MNS/NM

NM: se o cambio de interruptor é substitución por outro de iguais características

23

4. SE

42. Existente

4.2.3

Instalación/Cambio doutros elementos en posición existente

MNS/NM

NM: substitución por outro de iguais características

24

4. SE

42. Existente

4.2.4

Equipamento de posición de reserva

MS/MNS

MNS: se a posición de reserva xa dispón de AAP e AAC

25

4. SE

42. Existente

4.2.5

Instalación/Adecuación de batería de condensadores

MNS/NM

NM: se é adecuación

26

4. SE

42. Existente

4.2.6

Adecuación/Cambio de proteccións

NM

27

4. SE

42. Existente

4.2.7

Adecuación en subestación de obra civil ou outros elementos comúns

NM

28

4. SE

43. Trafo

4.3.1

Instalación dun novo trafo

MS/MNS/NM

MNS: se xa dispón de AAP e AAC. NM: se se trata dunha substitución de trafo sen cambio de potencia

29

4. SE

43. Trafo

4.3.2

Obra civil para trafo sen equipar (bancada baleira)

NM

30

4. SE

43. Trafo

4.3.3

Adecuación de trafo

NM

31

4. SE

44. Equipamentos móbiles

4.4.1

Novo trafo móbil

MS

Autorización de implantación

32

4. SE

44. Equipamentos móbiles

4.4.2

Nova posición móbil

MS

Autorización de implantación

33

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

51. Smart Grids

5.1.1

Redes intelixentes

NM

34

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

52. Telexestión, xestión dixitalizada e tradicional

5.2.1

Xestión (telexestión, xestión dixitalizada e tradicional)

NM

35

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

53. Despachos de manobra e centros control dixitalizado

5.3.1

Despachos de manobra e centros de control

NM

36

5. Redes, xestión, despachos, control e IBO

54. IBO

5.4.1

IBO

NM