DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de outubro de 2023 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-23-85 e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-48-23-85

7661-FPC

Pafif

33224988Q

Estacionamento prohibido

23.3.2023; 10.11 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-118

4263-JJX

Gardapeiraos

52452900C

Estacionamento prohibido

18.4.2023; 12.06 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-120

C-3511-BJ

Gardapeiraos

331074547J

Estacionamento prohibido

18.4.2023; 12.07 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-26-23-06

2165-KDG

Pafif

35475321V

Estacionamento prohibido

22.3.2023; 9.05 horas

Canido (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-86

8454-JXG

Pafif

40996188E

Estacionamento prohibido

4.2.2023; 10.40 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-130

9068-CWL

Pafif

36046860H

Estacionamento prohibido

3.3.2023; 12.30 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-163

9823-LNX

Pafif

39466169D

Estacionamento prohibido

6.4.2023; 23.20 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-167

6400-HLN

Pafif

44657571N

Estacionamento prohibido

12.3.2023; 18.40 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-30-23-10

6732-DMV

Gardapeiraos

35808787H

Estacionamento prohibido

13.2.2023; 14.34 horas

A Guarda (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-23-114

4512-BKG

Pafif

Y0808114T

Estacionamento prohibido

20.4.2023; 15.43 horas

As Corbaceiras (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €