DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de outubro de 2023 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-23-173 e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícanselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formularen alegacións e, de ser o caso, propoñeren proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, será considerado proposta de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación deste acordo, para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as dos vehículos na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto
sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-23-173

3821-BVV

Pafif

32207675E

Estacionamento prohibido.

6.6.2023; 10.30 horas; Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-175

C-8415-CJ

Pafif

33227571T

Estacionamento prohibido.

5.7.2023; 17.00 horas; Ribeira (A Coruña9

Artigo 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-177

2639-DMR

Pafif

33255187Q

Estacionamento prohibido.

10-07-2023; 12.15 horas; Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-199

3769-HMT

Pafif

35919050L

Estacionamento prohibido.

2.6.2023; 13.58 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-201

8429-DRX

Pafif

Y1218771S

Estacionamento prohibido.

10.6.2023; 18:57 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-209

4022-FVT

Pafif

36141265P

Estacionamento prohibido.

6.6.2023; 16.50 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-219

6696-JHB

Pafif

36053486C

Estacionamento prohibido.

21.7.2023; 23.35 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-228

4990-GTK

Pafif

53179315A

Estacionamento prohibido.

21.7.2023; 23.35 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-234

6100-BMP

Gardapeiraos

00382655G

Estacionamento prohibido.

18.7.2023; 12.15 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-38-23-82

3708-DKJ

Garda Civil

J-70367925

Estacionamento prohibido.

10.7.2023; 00.31 horas; Muros (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-25-23-02

6764-CHZ

Gardapeiraos

76897827H

Estacionamento prohibido.

20.7.2023; 15.30 horas; Cesantes (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-19-23-44

6070-DKK

Policía Local

32403159T

Estacionamento prohibido.

29.7.2023; 12.18 horas; Malpica (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €