DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenación de volumes na parcela do IES Plurilingüe Elviña, A Coruña (expediente 631/2022/290).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento Estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela do IES Elviña. Setembro 2023, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e asinado pola arquitecta Silvia Martínez Lorenzo.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 16 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana