DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do polígono industrial Lalín 2000.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2023, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle modificado de agrupación das parcelas P11 e P12-A do polígono industrial Lalín 2000, redactado por Juan Carlos Bardelas Lamas (colexiado 458 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense (Coetiou), en maio de 2023, de iniciativa particular pola empresa Inasus, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu reglamento, a documentación exponse ao público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

Tamén se pode consultar fisicamente nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Lalín.

O prazo de exposición pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. Durante este prazo, calquera persoa poderá examinar o estudo de detalle e presentar as alegacións, suxestións ou documentos que considere oportunos.

Lalín, 31 de outubro do 2023

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 7.7.2023; BOP núm. 136, do 14 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro delegado de Urbanismo