DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 1.9.2023.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e das instalacións báscula (mm-87) e edificio 13.04.edf.003 (caseta aseos) titularidade de Portos de Galicia, e do guindastre e nave desmontable non titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades de carga/descarga de mexillón, pesada de camións, garaxe de medios mecánicos, taller de reparacións menores e almacenamento en superficie de elementos (palés/caixas) de transporte de mexillón.

Porto: A Illa de Arousa (O Xufre).

Concesionaria: Viñas Dios, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 723 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.336,57 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de talleres de reparación de embarcacións e depósito de embarcacións, e do 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.

– Data da resolución: 9.10.2023.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-32-21-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente do edificio 12.32.edf.004 (nova lonxa e 10 departamentos) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de escola de mergullo deportivo e técnico, venda de material de mergullo, mantemento de equipamentos de mergullo e alugamento de embarcacións.

Porto: Fisterra.

Concesionaria: Carrillo e Lago, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 72 m2.

Investimento: 4.235 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.327,25 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas, do 1,5 % das actividades portuarias de efectos navais e do 1,5 % das actividades portuarias de alugamento de embarcacións.

– Data da resolución: 10.10.2023.

Tipo de trámite: transmisión de titularidade (mortis causa) de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-07-61-C-2.

Obxecto da concesión: construción dun hotel de turismo.

Porto: Cambados.

Concesionaria: María del Carmen Reboredo Santos.

Superficie concedida no título concesional: 978 m2.

Investimento: 0 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o 15.12.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.378,02 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2 % do volume de negocio realizado no ámbito da concesión.

– Data da resolución: 20.10.2023.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-52-88-C-1.

Obxecto da concesión: construción dunha nave para o servizo de mexilloeiras no porto de Cabo de Cruz (Boiro).

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionaria: Asmecruz, Sociedad Cooperativa Galega.

Superficie concedida no título concesional: 304,80 m2.

Investimento: 8.598,78 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o día 28.4.2028.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 835,70 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de oficinas.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia