DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de outubro de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.31.EDF.001 (almacén anexo á lonxa) para o desenvolvemento de actividades de almacén de aparellos de pesca, solicitada por Víctor Manuel Haz Soneiras, no dominio público portuario de Muxía (código 12-31-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Víctor Manuel Haz Soneiras, para a ocupación en superficie e do edificio 12.31.EDF.001 (almacén anexo á lonxa), de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de almacén de aparellos de pesca, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 16.9.2023 e a confrontación da ocupación da superficie de dominio público portuario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 11 de outubro de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro