DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico do parque empresarial Bueu-Castiñeiras, ampliación.

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública, durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, a aprobación inicial do Proxecto de interese autonómico do parque empresarial Bueu-Castiñeiras, ampliación.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo