DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de execución do parque eólico Pena do Pico, nos concellos de Becerreá e Baralla (expediente IN408A/2018/010).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

• O 23 de febreiro de 2018 Greenalia Wind Power, S.LU., presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Pena do Pico, nos concellos de Baralla e Becerreá, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), e modificada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, de 26 de febreiro).

• O 22 de maio de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, unha vez verificado o cumprimento dos requisitos da capacidade do solicitante e revisada a solicitude de acordo cos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, comunicoulles o prazo para o pagamento da taxa de autorización administrativa e para continuar así coa tramitación.

• O 7 de setembro de 2020, Greenalia Wind Power, S.LU. presentou unha solicitude de modificación substancial do parque eólico, consistente no cambio de modelo e de posicións dos aeroxeradores, cambio da poligonal e eliminación da torre de medición.

• O 13 de outubro de 2022, a dita sociedade presentou unha solicitude de modificación substancial do parque eólico, consistente na eliminación de seis (6) dos oito (8) aeroxeradores debido á limitación na capacidade de acceso concedida por parte de REE. Cámbianse tamén o modelo e a potencia dos aeroxeradores.

• O 19 de xullo de 2023, Greenalia Wind Power, S.LU. presentou nova solicitude de modificación substancial, consistente nun cambio da poligonal para non afectar a Rede Natura.

• O 21 de setembro de 2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica o cumprimento da distancia mínima de 900 m dos aeroxeradores a núcleos de poboación (segundo a disposición adicional quinta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola Lei 18/2021, do 25 de febreiro, de medidas económicas e financeiras de Galicia).

• Con data do 3 de outubro de 2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L.U. NIF: B70501473.

Domicilio social: praza de María Pita, nº 10, 1º, CP 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Pena do Pico, nos termos municipais de Baralla e Becerreá.

Situación: concellos de Baralla e Becerreá (Lugo).

Áreas de desenvolvemento Eólico (ADE): Becerreá.

Potencia instalada: 11,69 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2 (dous).

Produción neta anual estimada: 55.122 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 11.992.916,02 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

646.661

4.750.174

2

647.086

4.750.168

3

649.175

4.746.810

4

648.050

4.744.762

5

647.191

4.744.421

6

646.320

4.745.445

7

646.310

4.748.385

Coordenadas da localización dos aeroxeradores:

Nº aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 01

647.076

4.745.607

Becerreá

AE 02

647.604

4.745.336

Becerreá

Coordenadas da localización da subestación colectora do parque:

SET

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

Pena do Pico

648.033

4.746.499

Por outra parte, as coordenadas da envolvente da subestación colectora do parque:

Vértice envolvente

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

648.027

4.746.539

2

648.073

4.746.490

3

648.040

4.746.459

4

647.994

4.746.508

A zona de depósito presenta as coordenadas seguintes:

Vértice envolvente

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

648.048

4.746.554

2

648.072

4.746.529

3

648.054

4.746.512

4

647.030

4.746.537

Características técnicas principais das instalacións:

• Dous (2) aeroxeradores Siemens-Gamesa SG155 – 6,6 MW, ambos limitados a 5,845 MW, cun diámetro de rotor de 155 m e altura de buxa 102,5 m.

• Dous (2) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 7.000 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de protección de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque.

• Subestación colectora do parque (SET Pena do Pico), recolle enerxía do parque a 30 kV e elévaa ata 132 kV. Composta por:

– Sistema de alta tensión 132 kV, intemperie, configuración simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.

– Sistema de 30 kV en celas de interior, configuración simple barra con tres posicións de liña, unha posición transformador, unha posición de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras, acoplamento e remonte de barras. Aparellaxe disposta en celas blindadas con illamento SF6.

– Conxunto de transformación formado por un transformador instalado en intemperie, tensións nominais de acordo coas normalizadas e potencia de 15/20 MVA ONAN/ONAF.

– Sistema de posta á terra

– Sistema de control, sistema de proteccións, sistema de servizos auxiliares e instalacións complementarias.

Os equipamentos de control, protección, comunicacións, servizos auxiliares e celas de 30 kV irán aloxados no edificio construído segundo planos incluídos no proxecto.

Os elementos de 132 kV estarán localizados en parque exterior, delimitado por un peche perimetral, formado por postes metálicos e malla de simple torsión con recubrimento plástico.

• Obra civil, consistente en rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior aos aeroxeradores e subestación, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, bancadas para os transformadores e muro cortalumes, zona de depósitos, arquetas e gabias para tendido de cableado de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución: proxecto de execución do parque eólico Pena do Pico, nos termos municipais de Baralla y Becerreá (Lugo), e declaración responsable do/da técnico/a competente (asinado electronicamente o 19 de xullo de 2023).

• Estudo de impacto ambiental: novo estudo de impacto ambiental do parque eólico Pena do Pico (asinado electronicamente o 14 de xullo de 2023).

O que se fai público de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Baralla e Becerreá (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/pena-do-pico

Lugo, 19 de outubro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo