De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 10 de outubro de 2023 do proxecto de urbanización reformado do Plan parcial de ordenación do sector de solo urbanizable S-2 de San Pedro de Visma, no concello da Coruña (A Coruña), promovido pola Xunta de Compensación do sector S-2 San Pedro de Visma.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático