DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan á interesada ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio A1V84T37//40, LMTA PSY804 e instalación RC, no concello de Vilaboa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio A1V84T37//40, LMTA PSY804 e instalación RC, no concello de Vilaboa, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado ou representada por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 16 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/416-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio A1V84T37//40, LMTA PSY804 e instalación RC.

Concello: Vilaboa.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36058A068011740000LJ

Barcia

Descoñecida

30 de novembro de 2023

12